Xardín Botánico Ría do Burgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edificio do Xardín botánico da Ría do Burgo.

O Xardín Botánico Ría do Burgo e Aula da Natureza Juan Lembeye, é un xardín botánico duns 50.000 m² de extensión, pertencente ó concello de Culleredo.

Localización[editar | editar a fonte]

Atópase no paseo marítimo do Burgo en Culleredo, á beira da ría do Burgo, na provincia da Coruña.

Coleccións[editar | editar a fonte]

No Xardín Botánico atópanse unha grande variedade de especies autóctonas e tamén se recrea un xardín ó estilo dos pazos galegos. Noutras parcelas proxectáronse pequenos xardíns tradicionais de distintas partes do mundo. Dispón tamén dun invernadoiro, un pequeno parque infantil e unha pequena lagoa que se enche coa subida da marea xa que está conectada á ría.

No seu interior está a Aula da Natureza que é utilizada para diferentes actividades como exposicións, concertos, diferentes cursos de temática medioambiental etc.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]