Saltar ao contido

Antonio Álvarez Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Álvarez Arias
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1933 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Verín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata

Antonio Álvarez Arias, coñecido simplemente como Arias, nado en Verín o 16 de xaneiro de 1933, é un exfutbolista galego, que xogaba como dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Verín, comezou a súa carreira como futbolista no Sporting de Braga, pasando logo ao Avilés, onde militou durante dúas tempadas.[1] En 1952 fichou polo Deportivo da Coruña, co que debutou na Primeira División nun partido contra o Valencia en Mestalla, xogando como interior esquerdo, e marcando o único gol do seu equipo (1-1).[2] Disputou 17 encontros ata o final da liga, marcando 8 goles, e a continuación disputou a fase de permanencia na que o equipo logrou manter a categoría.

Con todo, na seguinte tempada non contou con minutos, e en marzo de 1954 saíu cedido ao Xuvenil, da Terceira División.[3] Alí compartiu equipo con xogadores como Manín, Juananco, Vegazo ou Rábade, e logrou un histórico ascenso a Segunda División despois de derrotar na antepenúltima xornada ao Lemos.[4] De regreso no Deportivo, disputou un só partido durante a tempada 1954/55, nun encontro da Copa do Xeneralísimo fronte ao Barcelona no que marcou o único gol deportivista (1-1). Deixou o club en xuño de 1955.

En 1957 realizou unha proba co Racing de Ferrol e acabou fichando polo club, que militaba na Segunda División.[5][6]

  1. ↑ "Arias". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de novembro de 1952. p. 6.
  2. ↑ "Brillante empate del Deportivo". El Correo Gallego (en castelán) (25139). 11 de novembro de 1952. p. 4. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
  3. ↑ "Arias, al juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de marzo de 1954. p. 4.
  4. ↑ "Al perder la Ponferradina en Marín, el Juvenil puede considerarse ya en la Segunda División". El Pueblo Gallego (en castelán) (10059). 4 de maio de 1954. p. 7. Consultado o 8 de xullo de 2021.
  5. ↑ "Nuevo jugador probado por el Club Ferrol". El Correo Gallego (en castelán) (2643). 10 de setembro de 1957. p. 6. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
  6. ↑ "El Club Ferrol fichó al extremo izquierdo Arias". La Noche (en castelán) (11385). 14 de setembro de 1957. p. 3. Consultado o 20 de febreiro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]