Manuel Vegazo Bermejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Vegazo
Información persoal
Nome completo Manuel Vegazo Bermejo
Nacemento 3 de setembro de 1933 (86 anos)
  Ávila
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Sporting Burgo
1951-1952 Español
1952 Pontevedra
1952-1953 Español
1953-1954 Deportivo da Coruña Xuvenil
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1955–1959 Deportivo da Coruña
1959–1961 Racing de Ferrol
1961–1967 Las Palmas 68 (10)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Manuel Vegazo Bermejo, nado en Ávila o 3 de setembro de 1933, é un ex futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ávila pero trasladouse ca súa familia a Coruña aos poucos meses vida. Comeza xogando en equipo coma o Sporting Burgo e Español.

Na tempada 1956–57 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, xogando tan só un partido esa campaña. O seu debut produciuse no partido da xornada 19, que rematou en derrota, fronte ao Athletic Club (2–0). Vegazo ocupaba un posto de suplente (foi o cuarto dianteiro logo dos habituais), sendo titulares ese ano Polo, Arsenio Iglesias, Tino e Benjamín Santos.

Na tempada 1963–64 ascendeu co Las Palmas a Primeira División, onde se mantivo co conxunto canario até a campaña 1966–67.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]