Carlos Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Carlos Pita González")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Pita
Información persoal
Nome completo Carlos Pita González
Nacemento 8 de decembro de 1984 (34 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Altura 1,88 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Lugo
Número 5
Carreira xuvenil
2002–2003 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2008 Deportivo B
2004–2006 Deportivo 1 (0)
2006–2007Logroñés (cesión) 35 (5)
2008–2009 Valencia B 29 (3)
2009–2010 Guadalajara 40 (1)
2010– Lugo 287 (17)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 16 de agosto de 2018

Carlos Pita González, coñecido como Pita, nado na Coruña o 8 de decembro de 1984, é un futbolista profesional galego. O seu club actual é o CD Lugo, onde xoga na posición de mediocentro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na Coruña, Carlos Pita formouse nas categorías inferiores do Deportivo, o equipo da súa cidade natal. Alí comezou a destacar, até o punto que se lle chegou a considerar como un dos canteiráns que tomaría o relevo do mítico Fran. Con 18 anos pasaría formar parte do segundo equipo deportivista, o Fabril, onde Javier Irureta recoñeceu que estivo apiques de chamalo para incluílo no once inicial nun partido da Liga de Campións, elixindo finalmente unha opción máis conservadora. Con todo, chega a debutar co primeiro equipo o 29 de maio de 2005, data da última xornada da Primeira División que enfrontaba ao seu equipo contra o Numancia no Estadio Los Pajaritos de Soria, entrando no campo a falta de 11 minutos para o final nun encontro que remataría con empate a un gol.[1]

Tras varios anos no filial coruñés non chegarían máis oportunidades co primeiro equipo. Con 22 anos marcha como cedido polo CD Logroñés durante a tempada 2006-07, equipo que competía na Segunda División B, alí destacaría xogando 35 partidos e anotando 5 goles. Ao ano seguinte volvería ao Deportivo B, que xogaría tamén na Segunda B, marchando de alí ao final da temporada para asinar polo Valencia B. Tras un ano na costa mediterránea, asina polo Guadalajara, onde xogaría un ano máis na categoría de bronce, xogando ademais a fase de ascenso á Segunda División.

Ao ano seguinte Pita regresa a Galicia da man do Club Deportivo Lugo, onde tería a complicada tarefa de facer esquecer a Fernando Seoane, quen curiosamente uns anos despois sería o seu inseparable compañeiro no mediocampo do mellor Lugo da historia. Xa dende o primeiro ano o coruñés convértese nunha das pezas fundamentais do club. No seu primeiro ano, axudaría ao equipo a xogar a fase de ascendo á Segunda Divisón, mais unha fractura nunha clavícula impediulle xogar os partidos definitivos, o cal trastocou ao equipo. No seu segundo ano axudaría a Lugo a resarcirse e conseguir o ascenso á Segunda División, categoría na que segue a ser unha das claves dentro sistema de xogo albivermello e un dos ídolos dos siareiros locais.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
2004–2005 Deportivo Primeira 1 0
2005–2006 Deportivo Primeira 0 0
2006–2007 CD Logroñés Segunda B 35 5
2007–2008 Deportivo B Segunda B 35 6
2008–2009 Valencia B Segunda B 29 3
2009–2010 Guadalajara Segunda B 38 1
2010–2011 CD Lugo Segunda B 41 2
2011–2012 CD Lugo Segunda B 39 5
2012–2013 CD Lugo Segunda 37 1
2013–2014 CD Lugo Segunda 38 3
2014–2015 CD Lugo Segunda 36 1
2015–2016 CD Lugo Segunda 34 1
2016–2017 CD Lugo Segunda 39 1
2017–2018 CD Lugo Segunda 23 3

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]