Manuel Coronado Plá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lolo
Información persoal
Nome Manuel Coronado Plá
Nacemento 7 de abril de 1993 (29 anos)
Lugar de nacemento Mérida
Altura 1,82 m
Posición Mediapunta
Información de club
Club actual Cádiz
Carreira xuvenil
Valladolid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2013 Valladolid B 63 (17)
2012–2013 Valladolid 7 (0)
2013–2014 Benfica B 35 (10)
2014–2015Lugo (ces.) 23 (3)
2015–2016Cádiz (ces.)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 24 de maio de 2015editar datos en Wikidata ]

Manuel Coronado Plá, coñecido habitualmente como Lolo ou Lolo Plá, nado en Mérida (Estremadura) o 7 de abril de 1993, é un futbolista profesional español que xoga como mediapunta no Cádiz da Segunda División B cedido polo Benfica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Mérida, Estremadura, Lolo comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Real Valladolid, facendo o debut sénior co filial valisoletano na tempada 2010-11 en Terceira División. O 20 de agosto de 2012 apareceu no seu primeiro encontro co primeiro equipo, xogando os últimos minutos no partido correspondente á primeira xornada da Primeira División 2012-13, no que o seu equipo vence por 1-0 ao Real Zaragoza na Romareda.[1] O 2 de agosto de 2013 asina polo S.L. Benfica, sendo inicialmente colocado no equipo filial da Segunda Liga.[2] Debutou co seu equipo xa o día 26, entrando desde o banco no minuto 81 na vitoria en casa ante o Portimonense S.C., marcando o 3–0.[3] Ao final da tempada logra anotar 10 goles en 32 partidos.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
2010-2011 Real Valladolid B Terceira 7 0
2011-2012 Real Valladolid B Terceira 40 13
2012-2013 Real Valladolid B Terceira 16 4
2012-2013 Real Valladolid Primeira 7 0
2013-2014 SL Benfica B Segunda 32 10
2014 SL Benfica B Segunda 3 0
2014-2015 CD Lugo Segunda 23 3
2015-2016 Cádiz CF Segunda B

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 7M Sports, ed. (20 de agosto de 2012). "Newboys Valladolid stun Zaragoza" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2014. 
  2. Record, ed. (2 de agosto de 2013). "Lolo assina apesar da ameaça do Valladolid". Consultado o 28 de agosto de 2014. 
  3. Liga Portugal, ed. (26 de agosto de 2013). "Benfica B 3–0 Portimonense". Consultado o 28 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]