Igor Martínez
Igor Martínez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Igor Martínez Caseras | ||
Nacemento | 19 de xullo de 1989 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vitoria | ||
Altura | 1,70 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | CD Lugo | ||
Número | 7 | ||
Carreira xuvenil | |||
Alavés | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2010 | Alavés | 87 | (12) |
2010–2012 | Bilbao Athletic | 31 | (2) |
2010–2013 | Athletic Club | 13 | (0) |
2013–2015 | Mirandés | 67 | (4) |
2015–2017 | Lugo | 32 | (2) |
2017– | Mirandés | ||
Selección nacional | |||
2008 | España sub-21 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 10 de xullo de 2017[ editar datos en Wikidata ] | |||
Igor Martínez Caseras, nado o 19 de xullo de 1989 en Gasteiz, Áraba, é un futbolista profesional vasco da canteira do Deportivo Alavés, que xoga como centrocampista no Club Deportivo Mirandés da Segunda División B.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Gasteiz, Igor Martínez formouse na canteira do equipo da súa cidade natal, o Deportivo Alavés, onde chegou a xogar tres tempadas co primeiro equipo. No verán de 2010, grazas ao seu rendemento, foi fichado polo Athletic Club. No equipo bilbaíno debutaría en Primeira División o 18 de setembro de 2010, nun partido disputado no estadio de El Molinón, saíndo como titular ante o Sporting de Gijón e callando unha grande actuación, dando unha a asistencia a Carlos Gurpegi para que marcase o 2-1 no minuto 29. Foi substituído no minuto 69 por Ion Vélez, quen volvía dunha lesión. Durante esa tempada xogou 8 partidos de Liga acumulando 381 minutos.[1] En outubro desde mesmo ano foi convocado por vez primeira coa selección española sub-21 de Luis Milla para xogar ante Croacia.
Tras pasarse a gran parte da campaña 2011-12 lesionado, comeza a seguinte tempada en forma e preparado para xogar. O 30 de agosto de 2012 sae desde o banco no partido de clasificación da Europa League en Finlandia contra o HJK Helsinqui, no que marca o gol que pon o empate a 3 final no marcador. Desa forma estreouse como goleador do Athletic Club. Con todo, tras non ser renovado polo equipo vasco, o 3 de xullo de 2013 vincúlase contractualmente co Club Deportivo Mirandés, equipo no que xoga 2 tempadas. O 18 de xuño de 2015 o xogador fai oficial a súa saída do club de Anduva e varios equipos mostran interese por facerse cos servizos do vitoriano, entre eles o Deportivo da Coruña, o CD Lugo, o CD Tenerife, o Real Oviedo, o Osasuna, o RCD Mallorca e o Alavés. Finalmente, o Club Deportivo Lugo anuncia a contratación do xogador vasco o 22 de xuño, sendo a primeira fichaxe do club galego para a tempada 2015-16.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Categoría | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Alavés | Segunda | 2007−2008 | 18 | 1 |
Alavés | Segunda | 2008−2009 | 34 | 3 |
Alavés | Segunda B | 2009−2010 | 35 | 8 |
Athletic B | Segunda B | 2010−2011 | 19 | 1 |
Athletic | Primeira | 2010−2011 | 8 | 0 |
Athletic B | Segunda B | 2011−2012 | 4 | 0 |
Athletic | Primeira | 2011−2012 | 2 | 0 |
Athletic B | Segunda B | 2012−2013 | 8 | 1 |
Athletic | Primeira | 2012−2013 | 3 | 0 |
Mirandés | Segunda | 2013−2014 | 28 | 2 |
Mirandés | Segunda | 2014−2015 | 39 | 2 |
Lugo | Segunda | 2015−2016 | 20 | 1 |
Lugo | Segunda | 2016−2017 | 12 | 1 |
Títulos[editar | editar a fonte]
- Athletic Club
- UEFA Europa League: Subcampión (2011-12)
- Copa do Rei: Subcampión (2008-09, 2011-12)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ortiz de Lezcano, Javier (19 de setembro de 2010). El Correo, ed. "El prometedor estreno de Igor Martínez" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2015.