Marcelo Djaló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marcelo Djaló
Información persoal
Nome Marcelo Amado Djaló Taritolay
Nacemento 8 de outubro de 1993 (27 anos)
Lugar de nacemento Barcelona
Altura 1,93 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual CD Lugo
Número 4
Carreira xuvenil
1999–2002 Pineda
2002–2006 Mataró
2006–2009 Sánchez Llibre
2009–2012 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2013 Badalona 21 (2)
2013–2014 Granada B 26 (0)
2014– Juventus 0 (0)
2014–2015Granada B (ced.) 19 (0)
2015–2016Girona (ced.) 0 (0)
2016UCAM Murcia (ced.) 3 (0)
2016–2017 CD Lugo 24 (2)
2017– Fulham FC 0 (0)
Selección nacional
2019– Guinea-Bissau 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 3 de xullo de 2017editar datos en Wikidata ]

Marcelo Amado Djaló Taritolay, máis coñecido como Marcelo Djaló, nado o 8 de outubro de 1993 en Barcelona (Cataluña), é un futbolista profesional español de orixe guineano da canteira do Real Madrid. Actualmente xoga como defensa central no Fulham FC. É internacional coas categorías inferiores da selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe ecuatoguineano e nado en Barcelona, Djaló foi formado na canteira do Real Madrid. En xullo de 2012, tras finalizar o seu período como xuvenil, comeza adestrar co CF Badalona da Segunda División B, asinando polo equipo un mes máis tarde. Ese temporada debuta como sénior, xogando finalmente 21 partidos onde anotou dous goles. No verán de 2013 asina co Granada CF, sendo asignado ao filial da Segunda B. Con todo, chega debutar co primeiro equipo en Copa do Rei ante o Sevilla FC.

O 19 de agosto de 2014 asina contrato co Juventus FC da Serie A italiana, sendo inmediatamente cedido de volta aos andaluces por un ano. Na seguinte temporada é cedido ao Girona FC da Segunda División. Tras non dispoñer de moitas oportunidades cos xerundenses, é cedido até o final de temporada ao UCAM Murcia, equipo co que consegue o ascenso á cetegoría de prata. Na temporada 2016-17 é cedido ao Club Deportivo Lugo, equipo que ficando para a temporada seguinte en propiedade.[1] O 3 de xullo de 2017, tras finalizar a campaña 2016−17, é traspasado ao Fulham FC por uns 800.000 .

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
Badalona Segunda B 2012-2013 21 2
Granada B Segunda B 2013-2014 26 0
Granada B Segunda B 2014-2015 19 0
Granada La Liga 2014-2015 0 0
Girona La Liga 2 2015-2016 0 0
UCAM Murcia Segunda B 2016 3 0
CD Lugo La Liga 2 2016-2017 24 2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Marcelo Djaló, nuevo jugador del CD Lugo". CD Lugo (en castelán). 7 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]