Jonathan Pereira
Jonathan Pereira | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Jonathan Pereira Rodríguez | ||
Nacido | 12 de maio de 1987 (33 anos) | ||
Lugar | Vigo | ||
Altura | 1,65 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Gimnàstic de Tarragona | ||
Carreira xuvenil | |||
Santa Mariña | |||
2002–2004 | Villarreal | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2007 | Villarreal B | 73 | (51) |
2006–2010 | Villarreal | 10 | (1) |
2007–2008 | → R. de Ferrol (ced.) | 39 | (11) |
2008–2009 | → Racing S. (ced.) | 32 | (5) |
2010–2012 | Betis | 77 | (16) |
2013–2015 | Villarreal | 50 | (11) |
2014–2015 | → Rayo V. (ced.) | 3 | (0) |
2015 | → Valladolid (ced.) | 20 | (6) |
2015–2016 | Lugo | 35 | (9) |
2016–2017 | Real Oviedo | 14 | (2) |
2017–2019 | AD Alcorcón | 64 | (8) |
2019– | Gimnàstic de Tarragona | ||
Selección nacional | |||
2006–2007 | Galicia | 2 | (1) |
2004 | España sub-17 | 9 | (1) |
2007 | España sub-20 | 1 | (0) |
2008–2009 | España sub-21 | 3 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 8 de agosto de 2016[ editar datos en Wikidata ] | |||
Jonathan Pereira Rodríguez, nado o 12 de maio de 1987 en Vigo, é un ex futbolista galego. Actualmente xoga como dianteiro no Gimnàstic de Tarragona.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empezou na canteira do Celta de Vigo, xogando 2 anos cos alevíns. Logo estivo 4 anos no Unión Deportiva Santa Mariña de Cabral (Vigo), e ós 15 anos marchou ó Villareal para xogar nas categorías inferiores, debutando na primeira división o 21 de outubro de 2006 contra o Levante. O resultado final foi de empate a 1, marcando el mesmo o gol logo dun minuto no campo, converténdose no xogador debutante que menos tempo tardou en meter un gol. En xullo de 2007 o Villarreal cedeuno ó Racing de Ferrol da segunda división, equipo co que descendeu á segunda B.
No verán de 2008 foi seguido por varios equipos, como o Racing de Santander, o Málaga ou o Recreativo de Huelva, aínda que todos pretendían a súa cesión, xa que ten contrato co Villarreal ata o 2013. Finalmente foi cedido ó Racing de Santander por unha tempada [1].
Jonathan pasou á historia racinguista por ser o primeiro xogador que marca un gol na Copa da UEFA co Racing de Santander. O partido foi o 18 de setembro de 2008 no Sardinero fronte ao FC Honka Espoo gañando o conxunto cántabro por 1-0. Tamén marcou no último partido que disputou o equipo cántabro na competición europea fronte ao Manchester City no Sardinero o 18 de decembro de 2008. Tamén marcou o gol máis rápido na historia do Racing aos 24 segundos no partido fronte ao Deportivo da Coruña en Riazor o 8 de marzo de 2009.
Tras volver ao Villarreal Club de Fútbol ao finalizar a tempada 2009-2010 ao terminar a súa cesión, o 19 de xaneiro de 2010 foi fichado polo Real Betis Balompié por 3,4 millóns de euros.[2]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección de fútbol de Galicia en dúas ocasións. Foi internacional coas seccións inferiores da selección española de fútbol, coas que conseguiu o subcampionato de Europa Sub-17.[3][4].
Palmarés[editar | editar a fonte]
Copas internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Subcampión Eurocopa Sub-17 | España Sub-17 | Francia | 2004 |
Récords[editar | editar a fonte]
O 4 de agosto de 2011, disputou un amigábel de pretemporada co Real Betis contra o Neath galés marcando 7 goles.[5] Isto colocouno no quinto posto do ránking mundial de máis goles conseguidos nun só partido por un xogador, tan só por debaixo de Pelé (8 goles), Voskamp (8), Nielsen (10) e Thompson (13).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Jonathan Pereira marcha cedido ó Racing de Santander". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2008. Consultado o 13 de setembro de 2008.
- ↑ "Pereira é novo xogador do Betis". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 29 de outubro de 2010.
- ↑ "Campionato de Europa Sub-17: España caeu ante Francia na Final". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2009. Consultado o 13 de setembro de 2008.
- ↑ Jonathan Pereira, convocado pola selección sub-21
- ↑ "Neath 0-8 Real Betis - Pereira, feliz tras marcar siete goles". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en Vigo
- Futbolistas da provincia de Pontevedra
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Villarreal CF B
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Real Betis Balompié
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia