Alberto Varo
Alberto Varo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Alberto Varo Lara | ||
Nacemento | 18 de marzo de 1993 (30 anos) | ||
Lugar de nacemento | Tarragona | ||
Altura | 1,91 m | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | CD Lugo | ||
Número | 1 | ||
Carreira xuvenil | |||
2004–2012 | Gimnàstic | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2016 | Pobla Mafumet | 89 | (1) |
2014–2018 | Gimnàstic | 4 | (0) |
2016–2018 | → Barcelona B (c.) | 21 | (0) |
2018– | Lugo | 4 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 3 de setembro de 2019[ editar datos en Wikidata ] | |||
Alberto Varo Lara, nado o 18 de marzo de 1993 en Tarragona, é un futbolista profesional español da canteira do Nàstic de Tarragona, que xoga como porteiro no Club Deportivo Lugo da Segunda División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Tarragona, Varo formouse nas categorías inferiores do Gimnàstic de Tarragona no ano 2004, contadno naquela altura con 11 anos.[1] Debutou como sénior co Pobla Mafumet, filial do Nàstic na temporada 2012–13 en Terceira División. O 27 de febreiro de 2014, despois de que Manolo Reina e Tomeu Nadal non estivesen dispoñíbeis, Varo foi chamado para xogar co primeiro equipo na Segunda División B ante o Valencia CF Mestalla.[2] O seu debut chegaría tres días despois, sendo titular no empate 2-2 fóra da casa. O 8 de xullo de 2015, tras ser peza chave no ascenso do filial á Segunda División B, asinou un contrato por tres temporadas co primeiro equipo..[3] Tras ser cedido durante dúas temporadas ao Futbol Club Barcelona B da Segunda División, o 10 de xullo de 2018 asina dpor dúas temporadas, máis outra opcional, co CD Lugo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Varo: 'Me han hecho sentir como uno más'" [Varo: "Fixéronme sentir como un máis"] (en castelán). Diari de Tarragona. 3 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Hiroshi y Chumbi amenazan a Varo" [Hiroshi e Chumbi ameazan a Varo] (en castelán). Diari de Girona. 27 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 July 2015.
- ↑ "Alberto Varo renueva por el Nàstic" [Alberto Varo renova co Nàstic] (en castelán). Gimnàstic de Tarragona. 8 de xullo de 2015.