Ángel Dealbert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel Dealbert
Información persoal
Nome Ángel Dealbert Ibáñez
Nacemento 1 de xaneiro de 1983 (41 anos)
Lugar de nacemento Benlloch
Altura 1,85 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual CD Castellón
Carreira xuvenil
1996–2001 Castellón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2002 Castellón B 18 (1)
2002–2009 Castellón 210 (2)
2009–2012 Valencia 49 (0)
2012–2014 Kuban Krasnodar 51 (2)
2014–2015 Baniyas 25 (1)
2015–2017 Lugo 41 (1)
2017– Castellón
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 17 de agosto de 2017editar datos en Wikidata ]

Ángel Dealbert Ibáñez, nado o 1 de xaneiro de 1983 en Benlloch (Castelló, Comunidade Valenciana), é un futbolista profesional español. Formado na canteira do Club Deportivo Castellón xoga no equipo castellonenco como defensa central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Benlloch, Castelló, Comunidade Valenciana, Dealbert comezou a súa carreira cun dos principais equipo da súa provincia natal, o Club Deportivo Castellón. Durante a temporada 2001−02 xogou co equipo filial de Terceira división. Esa mesma temporada debuta o 20 de abril co primeiro equipo. Nese partido, correspondente á xornada 34 da Segunda División B, o seu equipo empataría 1-1 ante o Benidorm CF no Estadio Municipal Guillermo Amor. A temporada 2002−03 foi a do seu asentamento no equipo, convertendose en titular indiscutíbel e nun dos piares defensivos do equipo. Tras xogar durante tres camapañas consecutivas os play-offs de ascenso á Segunda División, no ano 2005 o equipo consegue o ascenso tras eliminar ao Universidad de Las Palmas e ao Zamora. Precisamente nesa campaña, no mes de novembro, o Deportivo Alavés presidido de Dmitry Piterman chegara a un acuerdo co xogador para a súa fichaxe, mais o Castellón, co renovara até xuño de 2009, no permitiu a súa saída.

Nas cutro temporadas que xogou co equipo en Segunda División é un referente no xogo do seu equipo. A finais de decembro de 2008, Fernando Gómez, director deportivo do Valencia Club de Fútbol, anuncia a fichaxe de Dealbert como axente libre, permitindo ao xogador concluír a temporada co Castellón. O seu debut na máxima categoría foi na vitoria por 2-0 o 30 de agosto de 2009 ante o Sevilla en Mestalla. Despois de xoar 24 partidos de liga no seu primeiro ano, Dealbert pasou ser un xogador de recambio do equpo Che. Co equipo valencia debuta na UEFA Europa League e chega xogar na UEFA Champions League o 7 de decembro de 2012 ante o Manchester United no empate 1-1 do seu equipo en Old Trafford. No último partido da temporada 2011−12, ante a Real Sociedad, confirmou que non continuaría na entidade valencianista para asinar un contrato de tres anos co Kuban Krasnodar da Liga Premier de Rusia.

Tras permanecer durante dúas temporada no conxunto ruso, onde foi titular indiscutíbel, xogando varios partidos na Europa League, o 9 de agosto de 2014 decide deixar o club e asinar polo Baniyas da Liga Árabe do Golfo. Alí xoga vinte e cinco partidos e anota un gol. Tras finalizar a temporada regresa á Liga de Fútbol Profesional, asinando o 3 de agosto un contrato por dúas temporadas co Club Deportivo Lugo da Segunda División. No club galego faise desde o comezo de temporada con oco no once inicial xunto con Carlos Hernñandez, xogando 36 partidos. Nesta campaña consegue anotar o seu primeiro gol no fútbol profesional español. Isto acontece o 5 de marzo de 2016 no minuto 74 da vitoria do seu equipo no Estadio Anxo Carro por 2-0 ante o Club Atlético Osasuna.[1]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
Castellón Segunda B 2001-2002 3 0
Castellón Segunda B 2002-2003 7 0
Castellón Segunda B 2003-2004 34 2
Castellón Segunda B 2004-2005 28 0
Castellón Segunda 2005-2006 21 0
Castellón Segunda 2006-2007 35 0
Castellón Segunda 2007-2008 37 0
Castellón Segunda 2008-2009 40 0
Valencia Primeira
Europa League
2009-2010 24
7
0
0
Valencia Primeira
Champions League
2010-2011 14
1
0
0
Valencia Primeira 2011-2012 4 0
Kuban Krasnodar Primeira 2012-2013 28 1
Kuban Krasnodar Primeira
Europa League
2013-2014 23
8
1
0
Baniyas Primeira 2014-2015 25 1
Lugo Segunda 2015-2016 36 1
Lugo Segunda 2016-2017 5 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Lugo gana en casa tres meses después". Marca (en castelán). 54 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]