José Carlos Ramírez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Carlos
Información persoal
Nome completo José Carlos Ramírez Suárez
Nacemento 10 de maio de 1996 (23 anos)
  Paradas
Nacionalidade España
Altura 1,84 m
Posición Defensa central
Información de club
Club actual CD Lugo
Número 20
Carreira xuvenil
2001–2004 Paradas
2004–2007 Betis
2007–2010 Paradas
2010–2015 Betis
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2016 Betis B 61 (0)
2016–2018 Betis 6 (0)
2017–2018Lorca (c.) 5 (0)
2018– Lugo 31 (0)
Selección nacional
2015 España sub-19 2 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 3 de setembro de 2019

José Carlos Ramírez Suárez, nado o 10 de maio de 1996 en Paradas (Sevilla), é un futbolista profesional español da canteira do Real Betis que actualmente xoga como defensa central zurdo no Club Deportivo Lugo da Segunda División. Foi campión da Eurocopa sub-19 de Grecia 2015 coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Paradas (Sevilla), Andalucía, José Carlos Ramírez formouse nas categoría inferiores do Real Betis desde os oito anos. No ano 2007, despois de non ter xogado de forma habitual regresa á súa cidade natal para unirse ao Paradas Balompié, aínda que acaba por regresar ao club sevillano no ano 2010. [1] O 5 de outubro de 2014 dubuta co filial bético da Segunda División B, saíndo como titular na derrota na casa do seu equipo por 0−2 ante o UCAM Murcia CF. Converteuse rapidamente en títular indiscutíbel, xogando 22 partidos até finalizar a temporada. As súas boas actuación levárono a renovar o seu contrato até 2019 e a ser ascendido ao primeiro equipo da Primeira División. O seu debut sería o 29 de novembro na vitoria do seu equipo ante o Deportivo da Coruña na Copa do Rei por 1−0 no Benito Villamarín. O seu debut en liga chegría o 4 de decembro, xogando os 90 minutos no empate na casa por 3−3 ante o Celta de Vigo. Tras acabar a campaña é cedido ao recentemente ascendido á Segunda División Lorca FC. Tras xogar cinco partido no club da Rexión de Murcia, o 31 de xaneiro rescinde a súa cesión para ser cedido ao Club Deportivo Lugo, onde permanecerá como xogador en propiedade para a seguinte temporada.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano Partidos Goles
Real Betis B Segunda B 2014−2015 22 1
Real Betis B Segunda B 2015−2016 29 1
Real Betis Primeira 2016−2017 6 0
Lorca F.C. Segunda 2017−2018 5 0
Lugo Segunda 2018 6 0
Lugo Segunda 2018−2019 22 0

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Eurocopa sub-19: 2015

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]