Saltar ao contido

Manuel Pavón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Pavón
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1984 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Santa Fe Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2012 Club Deportivo Numancia de Soria 111(0)
2007–2007 cesión:    Granada CF 11(1)
2012–2015   CD Lugo 99(1)
2015–   Ponferradina

Manuel Pavón Castro, coñecido como Lolo Pavón, nado en Santa Fe (Granada) o 27 de febreiro de 1984, é un futbolista profesional español que actualmente xoga no Fuenlabrada.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse futbolisticamente no equipo da súa localidade natal, Santa Fe,[1] para pasar posteriormente ás categorías inferiores do Granada CF, Abandonou o club en idade xuvenil para xogar na División de Honra da categoría co CD Logroñés, logo co Real Madrid e, finalmente, no Club Deportivo Numancia. A tempada 2005-06 xogou na Terceira División co filial soriano.

Durante o mercado de inverno da tempada 2006-07 o club soriano cedeuno ao Granada CF,[2] en Segunda B, até final de tempada. Pavón, con todo, non tivo sorte no seu regreso ao club granadino e dispuxo de poucos minutos de xogo.

Na tempada 2007-08 regresou ao CD Numancia para formar parte do primeiro equipo. Esa campaña foi un dos habituais nas aliñacións do club que logrou o campionato de Segunda División e o consecuente ascenso a Primeira. O 26 de outubro de 2008 debutou na máxima categoría, ante o Racing de Santander, en Los Pajaritos.

Tralo descenso dos numantinos ao ano seguinte á división de Prata,[3] Pavón continuaría xogando no equipo soriano até a tempada 2011-12. Tras finalizar o seu contrato co equipo castelán, viaxa a Lugo para adestrar co equipo de Quique Setién a proba, anunciando que finalmente asinará co equipo albivermello para continuar a xogar na Segunda División.

Ano Club División Partidos Goles
2006-2007 Granada CF Segunda B 11 1
2007-2008 CD Numancia Segunda 29 0
2008-2009 CD Numancia Primeira 13 0
2009-2010 CD Numancia Segunda 15 0
2010-2011 CD Numancia Segunda 32 0
2011-2012 CD Numancia Segunda 22 0
2012-2013 CD Lugo Segunda 32 0
2013-2014 CD Lugo Segunda 38 0
2014-2015 CD Lugo Segunda 29 1
2015-2016 SD Ponferradina Segunda 20 1
  1. Manuel Pavón, desexado
  2. "De suplente en el Granada a marcador de Tamudo - Deportes - La Opinión de Granada". web.archive.org. 2011-07-17. Archived from the original on 17 de xullo de 2011. Consultado o 2021-03-17.
  3. Calidade e polivalencia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]