Saltar ao contido

Pau Cendrós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPau Cendrós
Biografía
Nacemento1 de abril de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Palma, España Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2007 Real Club Deportivo Mallorca B
2007–2012   RCD Mallorca 56(0)
2007–2008 cesión Benidorm Club de Fútbol 37(1)
2008–2009 cesión   Club Deportivo Tenerife 9(0)
2009–2010 cesión   Levante UD 35(1)
2012–2014 Koninklijke Atletiek Associatie Gent 27(0)
2014–2014   AD Alcorcón 13(1)
2014–2015   RCD Mallorca 35(2)
2015–2016   CD Lugo 25(0)
2016–2017   Club Deportivo Mirandés 3(0)
2018–2018 Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva 14(0)
2018–2019 Unionistas de Salamanca CF 12(0)
2020–2020 CE Andratx 2(0)
2020–2021 UD Poblense 15(0)
2021–2021 Unió Esportiva Sant Julià 2(0)
2021–2022 CE Campos 35(2)
2022– UD Collerense

Pau Cendrós López, nado o 1 de abril de 1987 en Palma (Illas Baleares), é un futbolista profesional español da canteira do Mallorca, que xoga como lateral no Club Deportivo Mirandés da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Palma, capital das Illas Baleares, Cendrós formouse nas categorías inferiores do principal club das illas, o RCD Mallorca. Considerado como unha das perlas da canteira mallorquinista, era habitual a súa presenza nas convocatorias das categorías inferiores da selección española. Tras xogar algún partido co Real Club Deportivo Mallorca B na Segunda División B, a úa primeira experiencia profesional fóra das Baleares foi unha cesión no Benidorm CF da Segunda B, equipo co que chega a xogar a fase de ascenso a Segunda, sendo nomeado mellor lateral dereito do Grupo III.[1]

Na temporada 2008-09 foi cedido de novo, esta vez ao Club Deportivo Tenerife da Segunda División. Aínda que non contou moito para o equipo, o Tenerife conseguiría finalmente o ascenso á Primeira División tras sete anos de ausencia. Na celebración do ascenso levou el mesmo a presentación do xogadores, saíndo do club como un dos xogadores máis queridos polos seareiros. Na seguinte temporada foi cedido de novo, esta vez ao Levante Unión Deportiva, sendo un dos xogadores máis fundamentais do retorno do equipo valenciano a Primeira.[2]

En verano de 2010, o RCD Mallorca vese inmerso nun cambio de propietario e a chegada de Serra Ferrer ao club supón unha oportunidade para os canteiráns. O Mallorca recupera a Pau Cendrós ao finalizar a súa cesión ao Levante UD e coa chegada ao banco de Michael Laudrup o club decide que Cendrós ocupe praza no do primeiro equipo viaxando na pretemporada aos Países Baixos co equipo onde se afianza como titular. O 29 de agosto debuta en Primeira con 23 anos no partido inaugural ante o Real Madrid no Iberostar Estadi. Durante o partido defender de forma sobresaliente a Cristiano Ronaldo.[3]

Tras ser a referencia no lateral dereito do Mallorca, na temporada 2011-12 o Mallorca ficha para o seu posto a Chico e a Gianni Zuiverloon. Con todo, Cendrós segue a ser o xogador máis utilizado na posición, xogando finalmente 25 partidos de liga baixo o mando de Joaquín Caparrós. O seu club finalizaría finalmente na oitva posición. O 7 de agosto de 2012, Cendrós abandona o equipo e ficha polo K.A.A. Gent da Jupiler Pro League, máxima categoría do fútbol belga, que ese ano tamén disputaría a fase previa da UEFA Europa League. No seu primeiro ano sería un xogador importante no equipo de Gante, xogando un total de 22 encontros. Porén, non sería así na súa segunda temporada, onde tras xogar tan só 4 partidos decide marchar en xaneiro ao AD Alcorcón, onde se fai cun posto no 11.

Tras acabar a súa vinculación co equipo da Comunidade de Madrid, volve ao RCD Mallorca cun contrato por dous anos na Segunda División. É ese ano un dos xogadores que máis minutos disputa do equipo de Palma, aparecendo en 35 partidos e marcando dous goles. Porén, trala chegada de Albert Ferrer, que esixiu a fichaxe dun xogador da súa confianza a cambio de aceptar no equipo un porteiro alemán (nacionalidade do propietario do Mallorca), rescinde o seu contrato, asinando o 17 de agosto polo Club Deportivo Lugo da mesma categoría.

Club Categoría Ano PX Goles
RCD Mallorca B Segunda B 2004–2005 13 0
Benidorm CF Segunda B 2007–2008 37 1
CD Tenerife Segunda 2008–2009 8 0
Levante UD Segunda 2009–2010 35 1
RCD Mallorca Primeira 2010–2011 31 0
RCD Mallorca Primeira 2011–2012 25 0
KAA Gent Primeira (JPL) 2012–2013 22 0
KAA Gent Primeira (JPL) 2013–2014 4 0
AD Alcorcón Segunda 2014 13 1
RCD Mallorca Segunda 2014–2015 35 2
Lugo Segunda 2015–2016 24 0
  1. "Pau Cendrós: “Mi objetivo es llegar algún día a debutar con el primer equipo”". RCDM.es (en castelán). 17 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2015. 
  2. "Pau Cendrós y Dani Carril, presentados como nuevos jugadores del Levante UD". LevanteUD.com (en castelán). 17 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2009. Consultado o 18 de agosto de 2015. 
  3. "Pau Cendrós se marcha al Gent belga". Marca (en castelán). 8 de agosto de 2012. Consultado o 18 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]