Saltar ao contido

Iriome González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIriome González
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Icod de los Vinos, España Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2007   CD Tenerife B
2007–2011   CD Tenerife 83(10)
2009–2010 cesión Sociedad Deportiva Huesca 26(1)
2011–2013   Villarreal CF B 58(3)
2013–2013   Club Deportivo Mirandés 36(2)
2014–   CD Lugo
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2007   España sub-20 2(0)

FIFA: 270703 Editar o valor en Wikidata

Iriome González González, coñecido habitualmente como Iriome, nado o 22 de xuño de 1987 en Icod de los Vinos (Tenerife), é un futbolista profesional español da canteira do CD Tenerife, que xoga como centrocampista no Club Deportivo Lugo da Segunda División. Foi internacional coa selección española Sub-20.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado Icod de los Vinos, unha vila da illa canaria de Tenerife, Iriome é froito da canteira do principal equipo de fútbol masculino da illa, o CD Tenerife, chegando ao primeiro equipo na tempada 2006–07, estando o club na Segunda División, con tan só 19 anos. Ese primeiro ano xogou 20 partidos nos que chegou a conseguir catro goles. O seu primeiro partido foi mediada a tempada, concretamente o 14 de xaneiro de 2007, nun empate 0–0 ante o UD Salamanca.[1] O seu primeiro gol non tardaría en chegar, anotando catorce días despois ante o UD Almería, nun gol que contribuíu á vitoria por 2–1 contra o equipo andaluz.[2]

Na seguinte tempada xogou máis partidos, 31, volvendo a anotar outros catro goles. Con todo, na tempada 2008–09 só disputa 12 partidos, nun ano no que o Tenerife conseguiría o seu ascenso á máxima categoría. O seguinte ano o xogador sería cedido ao SD Huesca, onde disporía de máis minutos, regresando a Tenerife na seguinte tempada. Tras pasar polo Villarreal B e CD Mirandés, o 8 de xullo de 2014 asina polo CD Lugo.

Club Categoría Ano PX Goles
Tenerife Segunda 2006-2007 20 4
Tenerife Segunda 2007-2008 31 4
Tenerife Segunda 2008-2009 12 0
Huesca Segunda 2009-2010 26 1
Tenerife Segunda 2010-2011 20 2
Villarreal B Segunda 2011-2012 27 1
Villarreal B Segunda B 2012-2013 31 2
Mirandés Segunda 2013-2014 36 2
Lugo Segunda 2014-2015 39 5
Lugo Segunda 2015-2016 35 3
Lugo Segunda 2016-2017 38 0
Lugo Segunda 2017-2018 34 5
Lugo Segunda 2018-2019 34 3
  1. El Mundo Deportivo, ed. (15 de xaneiro de 2007). "El Helmántico se le atraganta otra vez a los charros con la visita del Tenerife" (en castelán). 
  2. El Mundo Deportivo, ed. (29 de xaneiro de 2007). "El Tenerife coge aire ante un rival que aprieta pero falla en la definición" (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]