Chuli
Chuli | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Manuel Jesús Vázquez Florido | ||
Nacemento | 25 de xaneiro de 1991 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | Huelva | ||
Altura | 1,77 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Getafe | ||
Carreira xuvenil | |||
2005−2006 | Recreativo | ||
2006–2010 | Espanyol | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2011 | Espanyol B | 21 | (1) |
2011–2012 | Recreativo B | 30 | (22) |
2012–2013 | Recreativo | 40 | (15) |
2013–2015 | Betis | 14 | (0) |
2015 | → Leganés (c.) | 21 | (11) |
2015–2017 | Almería | 47 | (6) |
2017 | → Getafe (c.) | 18 | (5) |
2017– | Getafe | 0 | (0) |
2017–2018 | → Lugo (c.) | 12 | (1) |
2018–2019 | → Extremadura (c.) | ||
Selección nacional | |||
2009 | España sub-18 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 16 de agosto de 2018[ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Jesús Vázquez Florido, alcumado Chuli, nado o 25 de xaneiro de 1991 en Huelva, é un futbolista profesional español da canteira do RCD Espanyol que actualmente xoga como dianteiro no Getafe Club de Fútbol.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Huelva, Andalucía, Chuli formouse nas categoría inferiores do Recreativo de Huelva e do Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona. Tras participar nas inferiores do club barcelonés, debuta como sénior no Espanyol B da Segunda División B na temporada 2009−2010. O seu primeiro gol chegaría o 22 de xaneiro de 2011, cando anota na vitoria do seu equipo por 4-0 ante o CF Amposta da Terceira División. Tras acabar a temporda regresa á súa cidade natal para formar parte do equipo filial do Recreativo de Huelva, tamén en Terceira División. Tras a súa destacada actuación, con 22 goles en 30 partidos, é promocionado ao primeiro equipo para xogar en Segunda División, debutando como titular xa na primeira xornada da temporada 2012−2013 ante o Xerez CD.[1] Pouco despois, o 8 de setembro, anota dous tantos e provoca un penalti que permite a vitoria do seu equipo por 3–2 ante o Real Murcia.[2] Menos dun mes despois anota o seu primeiro hat-trick na categoría de prata, permitindo ao seu equipo vencer por 4–2 á AD Alcorcón. Un deses goles supuxo o tanto 1.500 do Recreativo na Segunda División. Finalmente, acaba a temporada con 15 goles, axudando ao "Decano" a acadar a salvación.
Tras acabar a temporada, a súa boa actuación permite a súa fichaxe polo Real Betis de Primeira División, que paga 600.000 euros polo seu traspaso. O seu debut na máxima categoría sería o 25 de agosto na derrota por 1−2 no Benito Villamarín ante o Celta de Vigo. O seu primeiro gol co equipo sevillano chegaría na vitoria por 1–0 contra o Vitória S.C. na UEFA Europa League. Tras un primeiro ano que supuxo o descenso do seu equipo, o 1 de setembro de 2014 houbo rumores sobre a súa cesión ao Real Zaragoza, aínda que finalmente non se levaría a cabo, sendo finalmente cedido o 7 de xaneiro ao CD Leganés, anotando en media temporada 11 goles. Esta boa actuación levouno a asinar un contrato por cinco anos coa UD Almería, equipo acabado de descender da Primeira División. Con todo, o 31 de xaneiro é cedido de novo, esta vez ao Getafe CF, conseguindo co equipo o ascenso a Primeira. A súa actuación no equipo madrileño convenceu ao club, o cal pagou 700.000 euros pola súa fichaxe. Tras non participar no retorno do Getafe á máxima categoría, o 12 de decembro de 2017 é cedido ao Club Deportivo Lugo.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Categoría | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Espanyol B | Segunda B | 2009−2010 | 7 | 0 |
Espanyol B | Terceira | 2010−2011 | 14 | 1 |
Recreativo B | Terceira | 2011−2012 | 30 | 22 |
Recreativo | Segunda | 2012 | 2 | 0 |
Recreativo | Segunda | 2012−2013 | 38 | 15 |
Real Betis | Primeira UEFA Europa League |
2013−2014 | 11 8 |
0 1 |
Real Betis | Segunda | 2014−2015 | 3 | 0 |
Leganés | Segunda | 2015 | 21 | 11 |
Almería | Segunda | 2015−2016 | 36 | 6 |
Almería | Segunda | 2016−2017 | 11 | 0 |
Getafe | Segunda | 2017 | 18 | 5 |
Getafe | Primeira | 2017 | 0 | 0 |
Lugo | Segunda | 2017−2018 | 12 | 1 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Xerez empieza con cabeza la Liga Adelante" [O Xerez comeza a xeito a Liga Adelante]. Marca (en castelán). 18 de agosto de 2012.
- ↑ "'Chuli' marca diferencias en un choque de alternativas" ['Chuli' maraca a diferenza nun encontro con alternativas]. Marca (en castelán). 8 de setembro de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]