Yelko Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yelko Pino
Información persoal
Nome completo Yelko Pino Caride
Nacemento 30 de outubro de 1996 (22 anos)
  Vigo
Nacionalidade España
Altura 1,72 m
Posición Mediapunta
Información de club
Club actual Atlético Baleares
Carreira xuvenil
2011–2013 Celta
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2015 Celta B 47 (1)
2015–2016 Celta 0 (0)
2016Q.P.R. (cedido) 0 (0)
2016–2018 Lugo 15 (1)
2017–2018Cultural Leonesa (cedido) 3 (o)
2018Ponferradina (cedido) 6 (0)
2018– Atlético Baleares 0 (0)
Selección nacional
2012 España sub-16 5 (0)
2012 España sub-17 4 (1)
2014 España sub-18 2
2013–2014 España sub-19 8 (2)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 14 de maio de 2018
† Aparicións (Goles)

Yelko Pino Caride, nado o 30 de outubro de 1996 en Vigo é un futbolista profesional galego da canteira do Celta de Vigo. Actualmente que xoga como mediapunta no CD Atlético Baleares.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Vigo, Yelko Pino é un dos membros da xeración de xuvenís do Celta de Vigo que alcanzou a final da Copa de Campións celebrada na cidade olívica en 2013. Na posición de mediapunta, destacou como un dos piares do equipo dirixido por David de Dios, a pesar de ser un ou dous anos menor que a maioría dos seus compañeiros. Posteriormente subiu ao filial celeste, estreandose na Segunda División B con tan só 16 anos. No seu primeiro ano disputou un total de 32 partidos, 24 deles como titular, marcando un gol na penúltima xornada, cando o descenso do filial a Terceira era xa unha realidade.

A continuación estreouse co primeiro equipo, con Paco Herrera como adestrador, nun amigábel no Estadio de Balaídos ante o Club Deportivo Lugo. A súa proxección fixo que renovase o seu contrato co Celta en 2013 por cinco tempadas, rexeitando ofertas do FC Barcelona e FC Porto.[1] En troques, o club estipulou no seu contrato que a partir do verán de 2015 sería membro do primeiro equipo. Con todo, a dirección deportiva do Celta decidiu que o rapaz permanecese no Celta B, feito que contrastaba coa cláusula do seu contrato.

En setembro de 2015, despois do peche do mercado de estival, o Celta asegurou que chegara a un acordo co Swindon Town para cedelo a este equipo. Con todo, o club da League One non puido inscribilo nese momento. En xaneiro de 2016, Pino saíu do Celta rumbo ao Queens Park Rangers da Championship,[2] ao que chegou cedido até final de tempada. Alí xogou co equipo sub-21, non chegando a disputar partidos oficiais co primeiro equipo. Tras regresar de terras inglesas, o xogador asina libre polo Lugo de La Liga 2 cun contrato de tres temporadas.[3]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano Partidos Goles
Celta B Segunda B 2013−2014 32 1
Celta B Segunda B 2014−2015 15 2
Celta Primeira 2015−2016 0 0
Queens Park Rangers Championship 2015−2016 0 0
Lugo Segunda 2016−2017 15 1
Cultural Leonesa Segunda 2017−2018 3 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Novo impulso á canteira: Yelko Pino, celeste as próximas cinco tempadas". Celta de Vigo. 22 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016. 
  2. "Yelko Pino se pone a las órdenes de Jimmy Floyd Hasselbaink". Vigo É (en castelán). 2 de febreiro de 2016. 
  3. "Yelko Pino xogará no Lugo tras o seu final polémico no Celta". CRTVG. 14 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]