David Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Ferreiro
Información persoal
Nome David Ferreiro Quiroga
Nacemento 1 de abril de 1988
Lugar de nacemento Baños de Molgas
Altura 1,70 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Málaga
Número 7
Carreira xuvenil
Pabellón Ourense
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2007 Ourense B 30 (0)
2006–2008 Ourense 36 (4)
2008–2009 Atlético Ciudad 23 (1)
2009–2011 Zamora 72 (8)
2011–2014 Granada 0 (0)
2011–2012Cádiz (cedido) 39 (9)
2012–2013Racing S. (cedido) 35 (1)
2013–2014Hércules (cedido) 35 (2)
2014–2016 Lugo 73 (2)
2016–2022 Huesca 213 (12)
2022–2024 Cartagena 25 (0)
2016– Málaga 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 14 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

David Ferreiro Quiroga, nado en Baños de Molgas[1] o 1 de abril de 1988, é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Málaga, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Pavillón Ourense, un dos clubs de base polideportivos máis importantes do deporte galego. Posteriormente pasou polas categorías inferiores do principal club da súa cidade, o Club Deportivo Ourense, onde chegou a debutar co primeiro equipo na tempada 2006-07. Ao ano seguinte foi un habitual no once ourensán, xogando con tan só 19 anos 34 partido na Segunda División B. A seguinte tempada xogou no Atlético Ciudad de Lorquí, da mesma categoría, a na seguinte tempada fichou por dúas campañas polo Zamora Club de Fútbol. Despois de disputar dúas grandes tempadas, o Granada Club de Fútbol fixouse nel e contratouno para cedelo ao Cádiz Club de Fútbol, dentro do acordo de colaboración que mantiñan ambos clubs.

Tras unha gran tempada no club gaditano, xogando 39 partidos e anotando 8 goles no Grupo IV da Segunda División B. Alí acabou campión do seu grupo e xogou a fase de ascenso á Segunda División, mais perdeu na última rolda ante o Club Deportivo Lugo, capitaneado polo seu excompañeiro do Ourense Manu. Tras ser obxectivo no mercado de fichaxes polo propio Lugo, o 29 de xullo de 2012 fíxose oficial a súa fichaxe polo Racing de Santander en calidade de cedido por unha tempada. Nos primeiros partidos da competición, Ferreiro non foi convocado e estivo apartado do equipo. Posteriormente o adestrador do equipo santanderino, o lucense Fabri, comezou a darlle algunha oportunidade na Copa do Rei e nalgúns partido de Liga nunha posición pouco habitual para el: a de dianteiro centro. Co cambio de adestrador do equipo, fíxose coa titularidade, xogando ao final 35 partidos e anotando 1 gol.

Na seguinte tempada volveu ser obxectivo do Lugo, mais por mor da súa relación contractual co Granada, este club decidiu cedelo ao Hércules Club de Fútbol. No club alacantino foi peza clave e un dos mellores do equipo, aínda que finalmente non puido evitar o descenso do equipo á Segunda División B. O 11 de xullo de 2014, tras acabar o seu contrato co Granada, fichou finalmente polo Club Deportivo Lugo, equipo que levaba varias tempadas detrás da súa contratación.[2]

Xogou dúas tempadas no Lugo, disputando case todos os partidos, ata que en 2016 fichou pola SD Huesca. Co equipo aragonés conseguiu ascender á Primeira División na súa segunda tempada. Aínda que o equipo acabou descendendo ao ano seguinte, volveu lograr un novo ascenso na tempada 2019/20, na que acabou como campión de Segunda, sendo Ferreiro un dos xogadores máis destacados.[3] Continuou como un dos piares do equipo na tempada 2020/21 en Primeira, pero o equipo acabou descendendo de novo. Militou unha sexta campaña no Huesca, acadando os 217 partidos oficiais e 13 goles.

En 2022 fichou polo Cartagena, tamén de Segunda, onde non conseguiu render ao nivel esperado, disputando 29 partidos nunha tempada e media, só 10 deles como titular.[4] En xaneiro de 2024 o club rescindiu o seu contrato e o xogador incorporouse ao Málaga, da Primeira División RFEF.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "David Ferreiro, o fillo predilecto de Baños de Molgas, estrea contrato ante o Celta de Vigo". Galiciapress. Consultado o 2021-03-07. 
  2. Cordido, Manuel (11 de xullo de 2014). Fútbol de Lugo, ed. "El CD Lugo anuncia su primer refuerzo de la parcela ofensiva, el extremo ourensano David Ferreiro, procedente del Hércules" (en castelán). 
  3. "Ferreiro, el futbolista verdadero" (en castelán). 18 de xullo de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  4. "David Ferreiro abandona el FC Cartagena" (en castelán). 20 de xaneiro de 2024. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  5. S. Fernández, Alberto (2024-01-20). "David Ferreiro, un extremo experimentado con bagaje en fútbol no profesional". Málaga Hoy (en castelán). Consultado o 2024-01-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]