Rafa García
Rafa García | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rafael García García | ||
Nacemento | 14 de xaneiro de 1986 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Cidade Real | ||
Altura | 1,88 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo Alavés | ||
Carreira xuvenil | |||
1998–2000 | Albacete | ||
2000–2001 | Cidade Real | ||
2001–2005 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005 | S.S. Reyes | 4 | (0) |
2006–2008 | Getafe B | ||
2008–2009 | Rayo B | 30 | (0) |
2009–2013 | Rayo Vallecano | 45 | (1) |
2012–2013 | → Xerez (ces.) | 20 | (0) |
2013–2014 | Lugo | 25 | (0) |
2014 | Dinamo Tbilisi | 0 | (0) |
2014–2015 | Alavés | ||
2015-2017 | Reus | ||
2017– | Racing de Ferrol | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 28 de agosto de 2014[ editar datos en Wikidata ] | |||
Rafael García García, coñecido habitualmente como Rafa García, nado o 14 de xaneiro de 1986 en Cidade Real, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid, que xoga como mediocentro no Deportivo Alavés tras deixar o FC Dinamo Tbilisi sen chegar a xogar.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Cidade Real, criado na vila próxima de Las Casas, tivo como primeiro club o Albacete Balompié, no que se formou nas súas categorías inferiores. Regresou un ano á súa cidade natal, para despois pasar aos equipos inferiores do Real Madrid e finalmente ao Getafe B. No equipo madrileño, chegou facer a pretempada co primeiro equipo, mais preferiu enrolarse nas filas do Rayo Vallecano B para completar a súa formación, debido ás boas referencias que tiña da súa canteira.
Na tempada 2009-10, co traspaso de Mohamed Diamé ao Wigan Athletic e tras realizar a pretemporada entre o primeiro e o segundo equipos, convence ao técnico Pepe Mel para que pasase a formar parte dos xogadores do primeiro equipo do Rayo Vallecano.[1] Durante a súa primeira tempada no primeiro equipo alterna titularidade con Movilla e Michel no centro do campo. Na tempada 2010-11 perde presenza no equipo titular, mais é parte importante no ascenso do Rayo de José Ramón Sandoval á Primeira División.
Na tempada 2011-12 comeza a tempada no Rayo en Primeira, completando toda a primeira volta e xogando catro partidos. No mercado invernal, é cedido ao Xerez Club Deportivo no que xogaría un total de 18 partidos na segunda volta da Segunda División. Ante o interese do club andaluz volver ser cedido, mais o 8 de outubro de 2012 o club xerezano anuncia que se descubriu unha anomalía no seu corazón, polo que debe deixar o fútbol de forma preventiva á espera de novos estudos médicos. Pouco despois descártase calquera tipo de problemas e volve xogar normalmente, sempre como titular no mediocentro do Xerez. O 5 de agosto de 2013, asina como novo xogador do Club Deportivo Lugo.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
S.S. Reyes | Segunda B | 2005-2006 | 4 | 0 |
Getafe B | Terceira | 2006-2007 | ||
Getafe B | Terceira | 2007-2008 | 35 | 1 |
Rayo Vallecano B | Terceira | 2008-2009 | 30 | 0 |
Rayo Vallecano | Segunda | 2009-2010 | 24 | 1 |
Rayo Vallecano | Segunda | 2010-2011 | 17 | 0 |
Rayo Vallecano | Primeira | 2011-2012 | 4 | 0 |
Xerez | Segunda | 2012 | 18 | 0 |
Xerez | Segunda | 2012-2013 | 21 | 0 |
Lugo | Segunda | 2013-2014 | 25 | 0 |
Dinamo Tbilisi | Umaglesi Liga | 2014 | 0 | 0 |
Deportivo Alavés | Segunda | 2014-2015 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Join Fútbol, ed. (31 de agosto de 2009). "Rafael García promociona al primer equipo del Rayo Vallecano". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 5 de agosto de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1986
- Nados en Cidade Real
- Futbolistas de Castela-A Mancha
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes
- Xogadores do Getafe CF B
- Xogadores do Rayo Vallecano B
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Xerez CD
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do FC Dinamo Tbilisi
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do CF Reus Deportiu
- Xogadores do Racing de Ferrol