Borja Gómez
Borja Gómez | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Borja Gómez Pérez | ||
Nacemento | 14 de maio de 1988 (34 anos) | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,84 m | ||
Posición | Defensa central | ||
Carreira xuvenil | |||
2005–2007 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2010 | Alcorcón | 86 | (0) |
2010–2011 | Rayo Vallecano | 11 | (0) |
2011–2012 | Karpaty Lviv | 10 | (0) |
2012 | → Granada (ces.) | 19 | (0) |
2012 | Granada | 12 | (0) |
2013–2014 | → Hércules (ces.) | 10 | (0) |
2014–2015 | → Lugo (ces.) | 30 | (2) |
2015–2016 | Oviedo | 15 | (0) |
2017 | Murcia | 9 | (0) |
2017–2018 | Logroñés | 5 | (0) |
2018 | S.S. Reyes | 13 | (0) |
2018–2020 | East Bengal | 19 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xaneiro de 2020. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Borja Gómez Pérez, coñecido habitualmente como Borja Gómez, nado en Madrid o 14 de maio de 1988, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid que xoga como defensa central.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Madrid, formou parte das categorías inferiores do Real Madrid, aínda que non conseguiu chegar ao primeiro equipo. Posteriormente asina coa Unión Deportiva Alcorcón, con quen consegue o ascenso a Segunda División en 2010, sendo titular con tan só 21 anos. Ao ano seguinte asinaría con outro equipo da Comunidade de Madrid, o Rayo Vallecano, que a final de tempada que tamén conseguiría o ascenso, esta vez a Primeira División. Con todo, Borja Gómez non viviría o ascenso en primeira persoa, xa que despois de xogar 11 partidos no equipo de Vallecas, o 2 de marzo de 2011 asina un contrato de 3 anos co Football Club Karpaty Lviv da Premier Liha ucraína.[1] Ao ano seguinte sería cedido ao Granada Club de Fútbol da Primeira División, onde xogaría 31 partidos como títular, o que fai que o club andaluz se faga cos seus servizos. Na tempada 2013-14 é cedido ao Hércules Club de Fútbol, onde debido ás lesións non goza de moitos minutos. O 21 de agosto de 2014 o Club Deportivo Lugo da Segunda División anuncia que xogará cedido nas súas filas cedido polo club granadino.
Clubs[editar | editar a fonte]
Ano | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2007-2008 | AD Alcorcón | Segunda B | 21 | 0 |
2008-2009 | AD Alcorcón | Segunda B | 34 | 0 |
2009-2010 | AD Alcorcón | Segunda B | 31 | 0 |
2010-2011 | Rayo Vallecano | Segunda | 11 | 0 |
2011-2012 | Karpaty Lviv | Premier Liha | 10 | 0 |
2012 | Granada CF | Primeira | 19 | 0 |
2012-2013 | Granada CF | Primeira | 12 | 0 |
2013-2014 | Hércules CF | Segunda | 10 | 0 |
2014-2015 | CD Lugo | Segunda | 30 | 2 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ FC Karpaty Lviv, ed. (11 de marzo de 2011). "Borja Gomez Perez becomes Karpaty player". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1988
- Nados en Madrid
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Defensas de fútbol
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do FC Karpaty Lviv
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do Hércules CF
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores do Real Murcia
- Xogadores do UD Logroñés
- Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes
- Xogadores do SC East Bengal