Saltar ao contido

Eduard Campabadal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduard Campabadal
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1993 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Tarragona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Peso77 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Manchester City
- Futbol Club Barcelona
2013-2013 Wigan Athletic F.C. 1(0)
2013-2013 Córdoba Club de Fútbol B 5(0)
2013-2015 Córdoba Club de Fútbol 31(0)
2015-2017 RCD Mallorca
2017- Club Deportivo Lugo Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2009-2009   España sub-16 2(0)
2009-2010   España sub-17 13(1)
2011-2011   España sub-18 2(0) Editar o valor em Wikidata

Eduard 'Edu' Campabadal Clarós, nado o 26 de xaneiro de 1993 en Tarragona, é un futbolista profesional español da canteira do Barcelona, que xoga como lateral esquerdo, aínda que tamén pode xogar de central, no Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Tarragona, Cataluña, Campabadal comezou a forxarse como futbolista nas categorías inferiores do Futbol Club Barcelona. Tras seis anos no filial do equipo barcelonés, en xullo de 2012 asina polo Wigan Athletic da Premier League.[1] O seu debut co primeiro equipo chegaría o 19 de maio de 2013, última xornada da "Premier", onde o seu equipo empataría 2-2 ante o Aston Villa.

Tras acabar a temporada, Campabadal regresa a España e o 21 de xullo asina un contrato por dúas temporadas co Córdoba CF da Segunda División.[2] Nun comezo foi asignado ao filial cordobés da Segunda División B, aínda que antes de final de ano, o 8 de decembro, debuta co primeiro equipo. Esta estrea sería cunha derrota no Estadio de La Romareda por 1-2 ante o Real Zaragoza.[3] A partir desa data Campabadal xoga até 17 partidos, colaborando no ascenso do seu equipo á Primeira División. O seu debut na máxima categoría prodúcese o 12 de setembro, saíndo como titular no empate do seu equipo 1-1 contra a UD Almería no Estadio de los Juegos Mediterráneos. Con todo, sería substituído no minuto 68 por mor dunha lesión.

Trass xogar catroce partidos na Primeira División, doce deles como titular, asina polo RCD Mallorca da segunda categoría. Nos dous seguintes anos xoga até 60 partidos de liga para o equipo mallorquín, a maioría como titular, aínda que sen poder evitar o descenso do seu equipo tras o final da temporada 2016−17. O 6 de xullo de 2017 anúnciase a súa fichaxe por dúas temporadas con opción a outra polo Club Deportivo Lugo.[4]

Club Categoría Ano Partidos Goles
Wigan Athletic Premier League 2012−2013 1 0
Córdoba B Segunda B 2013−2014 5 0
Córdoba Segunda 2013−2014 17 0
Córdoba Primeira 2014−2015 14 0
Mallorca Segunda 2015−2016 34 0
Mallorca Segunda 2016−2017 26 0
Lugo Segunda 2017−2018 16 0
Lugo Segunda 2018−2019 29 0
  1. "Barcelona pair join Wigan as Martinez signs Campabadal and Guillermo". Mail Online (en inglés). Associated Newspapers Ltd. 18-07-2012. 
  2. "Eduard Campadabal ficha por el Córdoba". Marca (en castelán). 21-07-2013. 
  3. "El Zaragoza se acerca a los puestos de ascenso". Marca (en castelán). 08-12-2013. 
  4. "Campabadal, nuevo jugador del CD Lugo". CD Lugo (en castelán). 06-07-2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]