Mauro Quiroga
Quiroga | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Mauro Daniel Quiroga | ||
Nacemento | 7 de dec. de 1989 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | Concepción del Uruguay | ||
Altura | 1,91 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Atlético de Rafaela | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2010 | G. y E. de Conc. | 28 | (28) |
2010–2012 | Las Palmas | 57 | (12) |
2012–2013 | CD Lugo | 5 | (3) |
2013–2014 | Alavés | 22 | (3) |
2014– | Rafaela | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 9 de xullo de 2013[ editar datos en Wikidata ] | |||
Mauro Daniel Quiroga, nado en Buenos Aires o 7 de decembro de 1989, é un futbolista profesional arxentino que xoga de dianteiro no Atlético de San Luis da Primeira División de México.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mauro Quiroga comezou a súa carreira no club arxentino de Gimnasia y Esgrima de Concepción del Uruguay, participando no Torneo Argentino A, (terceiro nivel da liga). En xaneiro de 2010 tenta dar o salto á liga española, realizando unha proba co Córdoba CF, pero foi rexeitado por non posuír pasaporte comunitario, volvendo ao seu antigo club na Arxentina.
O verán dese mesmo ano ficha pola UD Las Palmas, tamén na segunda española. O seu debut oficial prodúcese en copa fronte ao Real Valladolid, finalizando cun 5-3 contrario ao seu equipo, pero non é até a xornada 14 cando volve a xogar, debutando en liga no Estadio de Gran Canaria e anotando o seu primeiro gol, que contribuíu á vitoria local por 2-1 ante o Rayo Vallecano. Na tempada 2012-13 xogou no Club Deportivo Lugo tamén da Segunda División, onde se lesionaou de gravidade na terceira xornada, non podendo volver até os terreos de xogo até a antepenúltima xornada de liga ante o Guadalajara. Tras finalizar a campaña, logo dunha negociación, o Lugo decide non renovarlle o contrato, firmando posteriormente polo Deportivo Alavés.