Juanjo Serrano
Juanjo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan José Serrano Macías | ||
Nacemento | 3 de outubro de 1981 (41 anos) | ||
Lugar de nacemento | Calamonte | ||
Altura | 1,84 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Mirandés | ||
Carreira xuvenil | |||
Mérida | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2001 | Mérida | 36 | (26) |
2001–2003 | Atlético Madrid B | 40 | (3) |
2003–2004 | Alcorcón | 30 | (5) |
2004–2005 | Díter Zafra | 34 | (6) |
2005–2006 | Jaén | 31 | (4) |
2006–2007 | Lanzarote | 36 | (14) |
2007–2008 | Mazarrón | 33 | (3) |
2008–2009 | Conquense | 29 | (2) |
2009–2010 | Villanovense | 36 | (21) |
2010–2011 | Guadalajara | 37 | (20) |
2011–2013 | Granada | 0 | (0) |
2011–2012 | → Cádiz (loan) | 29 | (9) |
2012–2013 | → Logronés (loan) | 13 | (0) |
2013 | Guadalajara | 16 | (4) |
2013–2014 | Lugo | 16 | (0) |
2014- | Mirandés | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 30 de xuño de 2014[ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan José Serrano Macías, coñecido como Juanjo, nado o 3 de outubro de 1981 en Calamonte (Badaxoz, Estremadura), é un futbolista profesional español que actualmente xoga de dianteiro no Mirandés da Segunda División B española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Juanjo naceu en Calamonte, Badaxoz, en 1981. Despois do seu debut como sénior no segundo equipo do Mérida, pasou unha década enteira en distintos clubs da Segunda División B: primeiro no Atlético de Madrid B, para continuar no AD Alcorcón, CD Díter Zafra, Real Jaén, UD Lanzarote, Mazarrón CF, UB Conquense, CF Villanovense e CD Guadalajara. No ano 2011, tras dúas tempadas consecutivas anotando máis de 20 goles, asinaría co club da Primeira División Granada CF, aínda que nunca chegou a debutar en partido oficial, xa que foi cedido ao Cádiz CF e ao SD Logroñés. O 20 de xaneiro de 2013 rescinde o seu contrato co club e regresa ao Guadalajara,[1] cun contrato de medio ano.
Así, con 31 anos, faría o seu debut na Segunda División o 26 de xaneiro dese mesmo ano, sendo titular na derrota por 0–2 ante o Girona FC. O seu primeiro tanto no fútbol profesional chegaría co solitario gol dos alcarreños ante a UD Las Palmas o 30 de marzo, volvendo a anotar outro na seguinte xornada contribuíndo á vitoria local ante o Córdoba CF. Tras marcar outros dous tantos co Guadalajara, o descenso administrativo do club fai que Juanjo teña que buscar un novo equipo, asinando finalmente polo Club Deportivo Lugo.[2] Tras un ano no Lugo no que non goza de moitos minutos de xogo, asina polo CD Mirandés, equipo recentemente descendido á Segunda División B.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Mérida UD | Terceira | 2000-2001 | 36 | 30 |
Atlético B | Segunda B | 2001-2002 | 9 | 1 |
Atlético B | Segunda B | 2002-2003 | 31 | 2 |
AD Alcorcón | Segunda B | 2003-2004 | 30 | 5 |
Díter Zafra | Segunda B | 2004-2005 | 34 | 6 |
Real Jaén | Segunda B | 2005-2006 | 31 | 4 |
UD Lanzarote | Segunda B | 2006-2007 | 36 | 14 |
Mazarrón | Segunda B | 2007-2008 | 31 | 4 |
UB Conquense | Segunda B | 2008-2009 | 29 | 2 |
CF Villanovense | Segunda B | 2009-2010 | 36 | 22 |
CD Guadalajara | Segunda B | 2010-2011 | 37 | 20 |
Cádiz CF | Segunda B | 2011-2012 | 29 | 9 |
UD Logroñés | Segunda B | 2012-2013 | 13 | 0 |
CD Guadalajara | Segunda | 2013 | 16 | 4 |
Lugo | Segunda | 2013-2014 | 16 | 0 |
Mirandés | Segunda B | 2014-2015 |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1981
- Nados en Calamonte
- Futbolistas de Estremadura
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Atlético de Madrid B
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do CD Díter Zafra
- Xogadores do Real Jaén
- Xogadores do UD Lanzarote
- Xogadores da UB Conquense
- Xogadores do CF Villanovense
- Xogadores do Deportivo Guadalajara
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do SD Logroñés
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do CD Mirandés