Sergio Marcos
Sergio Marcos | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Sergio Marcos González | ||
Nacemento | 3 de febreiro de 1992 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | Sacedón | ||
Altura | 1,78 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Real Valladolid | ||
Carreira xuvenil | |||
Atlético Madrid | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2009–2012 | Atlético Madrid B | 87 | (1) |
2012–2015 | Villarreal B | 84 | (2) |
2015– | Villarreal | 7 | (0) |
2015–2016 | → Lugo (ced.) | 33 | (1) |
2016– | Valladolid | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 9 de xuño de 2016[ editar datos en Wikidata ] | |||
Sergio Marcos González, nado o 3 de febreiro de 1992 en Sacedón (Guadalajara, Castela-A Mancha), é un futbolista profesional español da canteira do Atlético de Madrid, que xoga como centrocampista no Real Valladolid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Sacedón, Sergio Marcos formouse na canteira do Club Atlético de Madrid. No ano 2012, tras contar menos que anos anteriores para adestrador do filial do equipo madrileño, Milinko Pantić, o Villarreal Club de Fútbol faise cos seus servizos.[1] Tras un período de adapación pronto convértese nun dos líderes do filial do equipo. Na temporada 2015 ten a súa oportunidade no primeiro equipo trala lesión da súa estrela, Bruno Soriano. O seu primeiro partido en primeira é contra o Rayo Vallecano, partido no que sae como titular, sendo considerado o mellor xogador do seu equipo a pesar da derrota por 0-2.[2][3] O seguinte domingo debuta ante a súa afección Madrigal nun encontro ante o Eibar, no que é nomeado Xogador do Partido na vitoria do seu equipo por 1-0.[4] Na seguinte xornada volta xogar como titular, esta vez ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu, conseguindo o seu equipo o empate e sendo de novo un dos xogadores máis destacados do encontro. Xogaría finalmente sete partidos en primeira división. Na temporada 2015-16 o Villarreal busca que o xogador dispoña de minutos no fútbol profesional, polo que é cedido ao Club Deportivo Lugo da Segunda División.[5]
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Atlético B | Segunda B | 2009-2010 | 22 | 0 |
Atlético B | Segunda B | 2010-2011 | 36 | 1 |
Atlético B | Segunda B | 2011-2012 | 29 | 0 |
Villarreal B | Segunda B | 2012-2013 | 23 | 0 |
Villarreal B | Segunda B | 2013-2014 | 34 | 1 |
Villarreal B | Segunda B | 2014-2015 | 27 | 1 |
Villarreal | Primeira | 2015 | 7 | 0 |
Lugo | Segunda | 2015-2016 | 33 | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez, Ángel (1 de marzo de 2013). "El diamante que no quiso pulir el Atleti". Diario Marca (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2015.
- ↑ Ardila, Alberto (2 de marzo de 2015). "Sergio Marcos, la extraordinaria virtud de la paciencia y del saber esperar". Mundiario (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2015.
- ↑ "El debut del 'descarado' Sergio Marcos con el Villarreal". Diario As (en castelán). 17 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2015.
- ↑ Lizarraga, José Luis (24 de febreiro de 2015). "Sergio Marcos, la réplica perfecta de Bruno Soriano" (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2015.
- ↑ "El CD Lugo hace oficial la incorporación del centrocampista del Sergio Marcos procedente del Villarreal CF". CD Lugo (en castelán). 9 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2015.