Diego Tonetto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tonetto
Información persoal
Nome Diego Tonetto
Nacemento 5 de dec. de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento Guaymallén
Altura 1,76 m
Posición Lateral ou interior esquerdo
Información de club
Club actual Defensa y Justicia
Número 3
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2012 Ferro Carril O. 150 (7)
2012–2013 Lugo 35 (2)
2013−2015 Ind. Rivadavia 53 (4)
2015 Def. y Justicia 4 (0)
2016− Estudiantes BA 4 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 20 de marzo de 2016editar datos en Wikidata ]

Diego Rubén Tonetto, alcumado O Mago, nado o 7 de decembro de 1989 en Guaymallén, Mendoza, é un futbolista arxentino, con pasaporte italiano, que xoga como dianteiro no Estudiantes de Buenos Aires da Primera B Metropolitana (terceira categoría arxentina).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diego Tonetto comezou a súa andaina no fútbol arxentino[1] tras recibir unha oferta do River Plate para xogar no seu equipo de infantís. Porén, o club "Millonario" non lle ofrece residencia na cidade de Buenos Aires, polo que marchou cara o Club Ferro Carril Oeste, club do barrio bonaerense do Caballito. Alí comezou a xogar co primeiro equipo, nesa época no segundo nivel do fútbol da Arxentina, na tempada 2006. Alí coñecería a Gonzalo Castellani, que lle falaría do fútbol europeo.

Así, tras seis tempadas no primeiro equipo do Ferro, nas que xogou 149 partidos e anotou sete goles, rescinde o seu contrato[2] co club por falta de liquidez do equipo, malia ser un dos seus principais xogadores. En agosto de 2012 marcharía cara o vello continente para asinar contrato co Club Deportivo Lugo da Segunda División. O 18 de agosto Tonetto debuta na Segunda División, no Anxo Carro de Lugo, axudando aos lucenses a acadar a súa primeira vitoria da temporada na primeira xornada de Liga tras vencer ao Hércules de Alacant. Tras unha temporada en Lugo, na que non tivo continuidade, asina polo Club Sportivo Independiente Rivadavia da Primera B, segundo nivel do fútbol Arxentino.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]