Juan Carlos Martín Corral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Carlos
Juan Carlos Martín Corral.JPG
Información persoal
Nome completo Juan Carlos Martín Corral
Nacemento 20 de xaneiro de 1988 (31 anos)
Lugar Guadalaxara, España
Altura 1,89 m
Posición Porteiro
Información de club
Club actual CD Lugo
Número 1
Carreira xuvenil
2000–2005 Guadalajara
2005–2007 Rayo Vallecano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005 Guadalajara 6 (0)
2007–2011 Rayo Vallecano B 147 (0)
2011 Rayo Vallecano 1 (0)
2011–2013 Hércules 9 (0)
2013–2015 Córdoba 43 (0)
2015–2016 Rayo Vallecano 21 (0)
2016–2017 Elche 40 (0)
2017– Lugo 38 (1)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 16 de agosto de 2018

Juan Carlos Martín Corral, máis coñecido como Juan Carlos, nado o 20 de xaneiro de 1988 en Guadalaxara, é un futbolista profesional español da canteira do CD Guadalajara e do Rayo Vallecano, que xoga como porteiro no Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Guadalaxara, Juan Carlos formouse nas cateogrías inferiores do principal club da súa cidade, o CD Guadalajara. Na temporada 2004–05 debuta co primeiro equipo da Terceira División. O 26 de xullo de 2005 asina polo Rayo Vallecano, onde continúa a formarse nas categorías inferiores. Tras dous anos, en 2007 é ascendido ao filial do club madrileño, converténdose no porteiro titular do equipo, onde consegue o ascenso á Segunda División B. Juan Carlos debuta como profesional o 4 de xuño de 2011, saíndo como gardameta titular do primeiro equipo na derrota por 2-3 ante o FC Barcelona B, partido da Segunda División disputado no Campo de Fútbol de Vallecas.[1]

Tras o ascenso do Rayo á Primeira División, Juan Carlos asina co Hércules CF de Segunda. No equipo alacantino permaneceu dúas temporadas, xogando na primeira delas o playoff de ascenso a Primeira. Na súa segunda temporada acaba por perder a titulariadade, feito que motiva a súa saída do club tras declinar renovar o seu contrato. No período de fichaxes de 2013 asina polo Córdoba, onde se converte pronto no porteiro titular acadando co equipo andaluz o ascenso á Primeira División. O seu debut na máxima categoría prodúcese o 25 de agosto de 2014 na derrota do seu equipo por 0-2 ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu. Ese ano disputou até 32 encontros, nos que o seu equipo consegiu tan só tres vitorias: fronte o Athletic Club, o Granada CF e o Rayo Vallecano, deixando neses tres partidos a portería a cero.

Tras o descenso do Córdoba, ao ano seguinte regresa ao Rayo Vallecano, esta vez equipo de Primeira, onde xoga 21 partidos. Tras volver desecender, ao ano seguinte asino polo Elche de Segunda División, onde é titular durante todo a temporada. Con todo, o equipo descende á Segunda B, o que produce que Juan Carlos procure un novo equipo. O 28 de xuño de 2017 o Club Deportivo Lugo de Segunda anuncia a súa incorporación cun contrato por dúas temporadas.[2]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano Partidos Goles Rec.
Rayo Vallecano B Terceira 2006−2007 9 15
Rayo Vallecano B Terceira 2007−2008 39 27
Rayo Vallecano B Terceira 2008−2009 37 26
Rayo Vallecano B Terceira 2009−2010 28 15
Rayo Vallecano B Segunda B 2010−2011 34 30
Rayo Vallecano Segunda 2010−2011 1 3
Hércules Segunda 2011−2012 6 5
Hércules Segunda 2012−2013 5 10
Córdoba Segunda 2013−2014 15 9
Córdoba Primeira 2014−2015 32 56
Rayo Vallecano Primeira 2015−2016 21 36
Elche Segunda 2016−2017 40 60
Lugo Segunda 2017−2018 38 42

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Soberbio punto y final del filial en el adiós de Vallecas a Segunda". Marca (en castelán). 4 de xuño de 2011. 
  2. "Juan Carlos, nuevo jugador del CD Lugo". CD Lugo. 28 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]