David López Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David López
Davidlopezath.JPG
Información persoal
Nome completo David López Moreno
Nacemento 10 de setembro de 1982 (37 anos)
  Logroño
Nacionalidade España
Altura 1,81 m
Posición Interior dereito
Información de club
Club actual SD Huesca
Número 23
Carreira xuvenil
2000–2001 Osasuna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2004 Osasuna B 81 (7)
2004–2007 Osasuna 78 (11)
2007–2012 Athletic Club 118 (12)
2012–2014 Brighton 65 (12)
2014–2016 CD Lugo 67 (5)
2016– SD Huesca 1 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 6 de maio de 2016

David López Moreno, coñecido habitualmente como David López, nado en Logroño (A Rioxa) o 10 de setembro de 1982, é un futbolista profesional español da canteira do CA Osasuna, que xoga como centrocampista na SD Huesca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Logroño, A Rioxa, David López é produto da categorías inferiores do Club Atlético Osasuna de Pamplona. Fai o seu debut co primeiro equipo, e na Primeira División, o 17 de outubro de 2004 nunha vitoria por 3–2 en El Sadar ante o Albacete Balompié, onde ademais anotaría o seu primeiro gol como profesional para dar a vitoria o seu equipo ao romper o empate 2-2 no minuto 65.[1] Finalizaría a súa primeira tempada con 13 partidos e un gol. Na seguinte tempada David López foi titular indiscutíbel no club navarro, nun ano en que o Osasuna conseguiría a súa primeira a súa primeira clasificación á Liga de Campións da UEFA. O xogador contribuiría ao final con seis goles, entre os que destaca o conseguido no último encontro da campaña, o cal valería a vitoria por 2-1 ante o Valencia Club de Fútbol e que clasificaría aos pamploneses á Champions League.[2] Tras fallar o ano seguinte na rolda previa da Liga de Campións, o que levou ao equipo a xogar a Copa da UEFA, López aparece en 11 dos encontros europeos, onde chegaría até as semifinais. Destacarían a vitorias por 0-3 contra o Parma Football Club (dúas veces) e ante o Bayer 04 Leverkusen.

No verano de 2007, López asina polo Athletic Club de Bilbao, nun traspaso valorado nuns 6 millóns de euros. O seu debut oficial cos biscaíños foi o 8 de agosto nun empate 0–0 ante precisamente o seu anterior equipo, o Osasuna. Desde ese partido David López foi titular indiscutíbel no Athletic durante os dous seguintes anos, aparecendo nun total de 60 partidos. Na súa segunda tempada axudou ao seu equipo a evitar o descenso marcando o 1-1 ante o Real Club Recreativo de Huelva fóra da casa e nas vitorias en San Mamés por 3-0 ante o Real Sporting de Gijón e 2-1 ante o Real Racing Club de Santander. Na súa cuarta tempada no Athletica acadaría o seu mellor rexistro de goles en Liga nunha soa tempada, até ese momento, con 6 en 28 partidos, aínda que xogando menos minutos tras a chegada do adestrador arxentino Marcelo Bielsa. O 31 de agosto de 2012 deixa o club tras rescindir o seu contrato por mutuo acordo.

Inmediatamanete tras a súa saída, López asina un ano de contrato co Brighton & Hove Albion do Football League Championship, o cal sería posteriormente prolongado durante outro ano máis. En Inglaterra, onde se recibiría o alcume de Spanish Dave, volvería dispor de minutos, sendo unha das pezas claves dun equipo que remataría nos primeiros postos da clasificación en ambas tempadas. Tras rematar o seu contrato co Brighton, David López asina un contrato até 2016, por dous anos, co Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
2001-2002 CA Osasuna B Segunda B 22 1
2002-2003 CA Osasuna B Segunda B 22 0
2003-2004 CA Osasuna B Segunda B 37 6
2004-2005 CA Osasuna Primeira 13 1
2005-2006 CA Osasuna Primeira 34 6
2006-2007 CA Osasuna Primeira 31 4
2007-2008 Athletic Club Primeira 31 2
2008-2009 Athletic Club Primeira 29 3
2009-2010 Athletic Club Primeira 17 0
2010-2011 Athletic Club Primeira 28 6
2011-2012 Athletic Club Primeira 13 1
2012-2013 Brighton Championship 28 9
2013-2014 Brighton Championship 32 3
2014-2015 CD Lugo Segunda 39 3
2015-2016 CD Lugo Segunda 28 2

Títulos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Mundo, ed. (17 de outubro de 2004). "Ajustada victoria de Osasuna ante el 'Alba' en El Sadar" [Apertada vitoria do Osasuna ante o 'Alba' en El Sadar] (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2014. 
  2. Marca, ed. (16 de maio de 2006). "Osasuna gana al Valencia y se hace de Champions" (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]