Héctor Font
Héctor Font | |||
---|---|---|---|
![]() Font xogando co Lugo. | |||
Información persoal | |||
Nome | Héctor Font Romero | ||
Nacemento | 15 de xuño de 1984 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vila-real | ||
Altura | 1,70 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Villarreal | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2002–2003 | Villarreal B | 22 | (10) |
2003–2006 | Villarreal | 56 | (3) |
2003–2004 | → C. Murcia (cedido) | 38 | (2) |
2006–2009 | Osasuna | 69 | (3) |
2009–2011 | Valladolid | 10 | (0) |
2010–2011 | → Xerez (cedido) | 29 | (1) |
2011–2012 | Recreativo | 2 | (0) |
2012 | Cartagena | 17 | (0) |
2012–2013 | Lugo | 24 | (0) |
2013–2014 | Hércules | 16 | (0) |
2014–2016 | Oviedo | 48 | (0) |
Selección nacional | |||
2000 | España sub-16 | 1 | (0) |
2004–2006 | España sub-21 | 8 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 26 de marzo de 2016. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Héctor Font Romero, nado en Vila-real (Castelló) o 15 de xuño de 1984, é un futbolista español que actualmente xoga como centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira no Villarreal CF (2002–2006), facendo o seu debut na Primeira División, con tan só dezaoito anos, o 15 de xuño de 2003 (RCD Español 2 - Villarreal CF 2). Esa tempada participou en dous encontros co primeiro equipo. A tempada seguinte, a 2003–04, é cedido ao Ciudad de Murcia da Segunda División, co que realiza unha gran tempada, xogando 38 partidos e marcando dous goles. Ao finalizar a súa experiencia no equipo murciano, regresa a Villarreal.
O xogador pasa tres tempadas máis no equipo do submarino amarelo, co que gaña dúas Copa Intertoto e disputa 54 partidos, marcando 3 goles. Tamén participou durante a súa etapa no conxunto amarelo en 11 partidos da Copa da UEFA 2004–05, marcando dous goles, e en 4 partidos da Liga de Campións 2005–06. Fichou polo CA Osasuna en xullo de 2006, club que abandonou en 2009. O balance no conxunto navarro foi de 69 partidos disputados en tres campañas e 3 goles marcados.
Para a tempada 2009–10 fichou polo Real Valladolid, sendo unha tempada negativa tanto para o club, que descende a Segunda, como para el, que tan só disputa 10 partidos co club de Valladolid. A tempada 2010–11 a disputa no Xerez CD, realizando unha aceptable campaña, disputando un total de 29 partidos e marcando un gol. No mercado estival da tempada 2011-12 fichou polo Recreativo de Huelva, da Segunda División, club no que tan só disputou dous partidos por desavinzas co seu adestrador. Debido a isto, decide abandonar o Decano.
No mercado de inverno ficha polo FC Cartagena, club da Segunda División, cuxo obxectivo era o ascenso á Primeira División e no que finalmente se cambian os obxectivos marcados a principios de tempada e pásase a loitar pola permanencia na categoría. No seu contraro figuraba a renovación automática do seu contrato por unha tempada máis se a permanencia era conseguida. Isto non se produciu, xa que a falta de dúas xornadas consumouse o descenso do cadro de xogadores máis caro até a data do fútbol cartaxeneiro.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Villarreal CF | Primeira | 2002-2003 | 2 | 0 |
Ciudad de Murcia | Segunda | 2003-2004 | 38 | 2 |
Villarreal CF | Primeira | 2004-2005 | 33 | 2 |
Villarreal CF | Primeira | 2005-2006 | 21 | 1 |
Osasuna | Primeira | 2006-2007 | 17 | 0 |
Osasuna | Primeira | 2007-2008 | 32 | 2 |
Osasuna | Primeira | 2008-2009 | 20 | 1 |
Real Valladolid | Primeira | 2009-2010 | 10 | 0 |
Xerez Club Deportivo | Segunda | 2010-2011 | 29 | 1 |
Recreativo de Huelva | Segunda | 2011 | 2 | 0 |
FC Cartagena | Segunda | 2012 | 17 | 0 |
Lugo | Segunda | 2012-2013 | 24 | 0 |
Hércules | Segunda | 2013-2014 | 16 | 0 |
Real Oviedo | Segunda B | 2014-2015 | 37 | 0 |
Real Oviedo | Segunda | 2015-2016 |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1984
- Nados en Vila-real
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Villarreal CF B
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do CF Ciudad de Murcia
- Xogadores do CA Osasuna
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do Xerez CD
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do Hércules CF
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21