Jordi Calavera
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 2 de agosto de 1995 Cabra del Camp | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 182 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Irmáns | Josep Calavera Espinach | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jordi Calavera Espinach, nado o 2 de agosto de 1995 en Cabra del Camp (Cataluña), é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Sabadell, da Primeira División RFEF.
É irmán do tamén futbolista Josep Calavera.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Cabra del Camp, Tarragona, Calavera formouse nas categorías inferiores do Gimnàstic de Tarragona, onde foi chamado polo primeiro equipo na pretemporada en 2013. Debututaría ese mesmo ano o 25 de agosto en casa contra o Lleida Esportiu da Segunda División B. En xaneiro de 2015, despois de estar de novo como segundo suplente Calavera foi cedido ao equipo Olot, tamén de Segunda B até final de tempada. Tras finalizar a temporada e volver ao Nàstic, debuta como profesional o 9 de setembro cun empate a 2-2 en casa contra o Girona en Copa do Rei. Ese mesmo mes debuta na Segunda División, xogando unha media hora como substituto de Xisco Campos, ante o Real Valladolid. Marcou un gol en Segunda, en outubro de 2015, o primeiro dunha vitoria por 2-1 contra o Bilbao Athletic.[1] Tras o seu bo rendemento, asina en xaneiro de 2016 coa Sociedad Deportiva Eibar, o cal non gusta no club de Tarragona, que o envía ao filial até final de temporada. O 12 de agosto o club vasco cede o xogador ao Club Deportivo Lugo para a campaña 2016−17.
Clubs
[editar | editar a fonte]| Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
|---|---|---|---|---|
| Gimnàstic | Segunda B | 2013−2014 | 11 | 0 |
| Gimnàstic | Segunda B | 2014−2015 | 1 | 0 |
| Olot | Segunda B | 2015 | 15 | 0 |
| Gimnàstic | La Liga 2 | 2015 | 9 | 1 |
| Gimnàstic B | Segunda B | 2016 | 10 | 2 |
| Lugo | La Liga 2 | 2016−2017 | 39 | 2 |