Serge Leuko
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1993 (31 anos) Camerún | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Serge Sidoine Tchaha Leuko, coñecido como Serge Leuko, nado o 4 de agosto de 1993 en Douala, é un futbolista profesional internacional camerunés, que xoga como lateral no Club Deportivo Lugo de La Liga 2.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Douala, aterrou en España no verán de 2008 tras participar en varias ocasiónw en torneos da Fundación Samuel Eto'o. Sería o Real Club Deportivo Mallorca o equipo que se fixa nel para dar o salto aos terreos de xogo. Tras unha tempada no club mallorquí, Leuko xogou no Ciutadella e posteriormente no Torre Levante. Na temporada 2011-12 chega ao Valencia Club de Fútbol para xogar no xuvenil da División de Honra, xusto despois de xogar Mundial Sub-20 de Colombia, onde Leuko xogou 3 dos catro partidos que disputou a selección camerunesa.[1] Co equipo xuvenil gaña o campionato do Grupo VII. Na seguinte temporada o xogador pasa formar parte do Valencia Mestalla, filial do equipo valencianista que milita na Segunda División B, onde permanece tres temporadas. Tras finalizar o seu contrato no equipo valenciano asina por tres temporadas co Club Deportivo Lugo da Segunda División. Tras un primeiro ano cedido á UD Somozas da Segunda División B, onde destaca xogando 28 partidos, a seguinte temporada retorna ao club albivermello. Tras comezar a temporada 2016−17, o 19 de setembro, é chamado pola selección do Camerún, aínda que finalmente é desconvocado. En marzo de 2017, tras facerse co posto no lateral esquerdo do Lugo é de novo chamado pola súa selección, debutando o 28 de marzo na derrota ante Guinea por 1−2.[2]. Leuko converteuse así no primeiro xogador do club lucense en ser internacional mentres era membro do equipo.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Valencia B | Segunda B | 2012−2013 | 23 | 1 |
Valencia B | Segunda B | 2013−2014 | 20 | 0 |
Valencia B | Segunda B | 2014−2015 | 26 | 0 |
UD Somozas | Segunda B | 2015−2016 | 28 | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Molano, Joan (23 de marzo de 2015). Deporte Valenciano, ed. "Leuko no jugará en el Valencia la próxima temporada" (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2015.
- ↑ "Camarões vs. Guinea". Soccer Way. 28-03-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil na web da FIFA Arquivado 22 de xullo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en inglés)
- Datos do xogador en Transfermarkt (en castelán)
- Datos do xogador en La Preferente (en castelán)