José Durán Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Durán
Información persoal
Nome completo José Antonio Durán Rivas
Nacemento 27 de xuño de 1974 (44 anos)
Lugar Lugo, Galicia
Adestrador
Anos Equipos
2004 CD Lugo
2005-2006 CD Foz
2007-2008 Viveiro CF
2008–2009 CD Foz
2016 CD Lugo
2016– CD Lugo B

José Antonio Durán Rivas, nado o 27 de xuño de 1974 en Lugo é un adestrador de fútbol galego. Tras adestrar ao Club Deportivo Lugo da Segunda División, sucedendo no cargo a Luis Milla, actualmente é o técnico do Club Deportivo Lugo B

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou coma adestrador de fútbol facéndose cargo do primeiro equipo do CD Lugo mediada a tempada 2003-04 na Terceira División Española, en substitución de Quique Prado. Comezada a tempada seguinte fíxose cargo do CD Foz para tentar salvalo do descenso, obxectivo que non acadou e deixou o club a final de tempada.[1][2] Pouco despois fichou polo Viveiro CF de onde saíu ao acabar o curso tras desencontros coa directiva. En 2008 fichou outra vez polo CD Foz,[3] onde permaneceu até o final da temporada. Posteriormente exerce o cargo de adestrador nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo, até que en febreiro de 2016 se fixo cargo do primeiro equipo tras a renuncia de Luis Milla. A pesar de perder o seu primeiro partido como adestrador en Segunda División, tras conseguir unha xeira de tres vitorias e un empate recibiu o premio ao mellor adestrador da Liga Adelante do mes de marzo.[4] A final de temporada, tras conseguir a salvación do club, deixa o banco para volver formar parte do organigrama deportivo do Lugo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]