Nicolás Albarracín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nicolás Albarracín
Información persoal
Nome completo Nicolás Gabriel Albarracín Basil
Nacemento 11 de xuño de 1993 (26 anos)
  Montevideo
Nacionalidade Uruguai
Altura 1,77 m
Posición Extremo
Información de club
Club actual Peñarol
Carreira xuvenil
Montevideo Wanderers
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2015 M. Wanderers 48 (9)
2013Spezia (c.) 4 (0)
2015– Peñarol 33 (5)
2017Deportivo Cali (c.) 15 (1)
2017−2018Lugo (c.) 26 (1)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 27 de xaneiro de 2018

editar datos en Wikidata ]

Nicolás Gabriel Albarracín Basil, máis coñecido como Nicolás Albarracín, nado en Montevideo o 11 de xuño de 1993, é un futbolista profesional uruguaio. Formado nas categorías inferiores do Montevideo Wanderers, xoga na posición de extremo no Club Atlético Peñarol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Montevideo, capital do Uruguai, Nicolás Albarracín comezou a súa carreira nas categorías inferiores do City Park, para posteriormente na etapa xuvenil co Montevideo Wanderers. O seu debut como profesional sería o 21 de novembro de 2010, saíndo en nos últimos minutos do partido do seu equipo ante Club Atlético River Plate da primeira división uruguia. Descontando unha cesión ao Spezia da Serie B italiana en 2013, onde non puido xogar máis que catro partidos debido a unha lesión de longa duración, nas catro temporadas que xogou nos Wanderers fixo un total de 11 goles en 56 partidos, conseguindo o título de liag (Clausura) en 2014. Para a temporada 2015−16 asina co Club Atlético Peñarol, un dos clubs máis laureados do mundo. No torneo apertura desde memo ano xogou 12 partidos de 15 conseguindo o título de campión. O 9 de abril de 2016 xogou como titular no primeiro partido oficial do club aurinegro no Estadio Campeón del Siglo, anotando no minuto 20 o primiero gol oficial da historia do estadio.[1] Ademais, brindou unha asistencia que finalmente propiciou o triunfo do seu equipo por 2−1. Debido á súa aportación foi escollido mellor xogador do partido. No torneo clausura xogou 10 partidos e anotou dous goles, coroándose campión da temporada. O 3 de xaneiro de 2017 foi anunciada a súa cesión ao Deportivo Cali Categoría Primera A colombiana. Alí disputa 15 partidos e anota un gol. No verán, o 1 de setembro, é cedido de novo, esta vez ao Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
2010–2011 Montevideo Wanderers Primera (1ª) 1 0
2012–2013 Montevideo Wanderers Primera (1ª) 11 1
2013–2014 Spezia Calcio Serie B (2ª) 4 0
2014 Montevideo Wanderers Primera (1ª) 11 5
2014–2015 Montevideo Wanderers Primera (1ª)
Copa Libertadores
25
8
3
2
2015–2016 CA Peñarol Primera (1ª)
Copa Libertadores
22
3
2
1
2016 CA Peñarol Primera (1ª)
Copa Suramericana
10
2
3
0
2017 Deportivo Cali Primera A (1ª)
Copa Suramericana
15
1
1
0
2017 CA Peñarol Primera (1ª) 1 0
2017−2018 CD Lugo LaLiga 2 (2ª) 26 1

Palmerés[editar | editar a fonte]

  • Campión dos Xogos Panamericanos (2015). Uruguai.
  • Campión do Torneo Clausura (2014). Montevideo Wanderers.
  • Campión do Torneo Apertura (2015). Peñarol.
  • Campión da Liga do Uruguai (2016). Peñarol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gol con historia propia". Tenfield (en castelán). 09-04-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]