Israel Puerto
Israel Puerto | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Israel Puerto Pineda | ||
Nacemento | 15 de xuño de 1993 (30 anos) | ||
Lugar de nacemento | El Viso del Alcor | ||
Altura | 1,87 m | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Racing | ||
Carreira xuvenil | |||
2005–2010 | Sevilla | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2014 | Sevilla B | 93 | (3) |
2013–2014 | Sevilla | 5 | (0) |
2014–2015 | Villarreal B | 25 | (3) |
2015–2016 | Lugo | 31 | (1) |
2016–2017 | Racing | 1 | (0) |
Selección nacional | |||
2009–2010 | España sub-17 | 6 | (0) |
2011 | España sub-18 | 2 | (0) |
2012 | España sub-19 | 3 | (0) |
2012–2013 | España sub-20 | 11 | (1) |
2014 | España sub-21 | 1 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 1 de decembro de 2016[ editar datos en Wikidata ] | |||
Israel Puerto Pineda, habitualmente coñecido como Israel, nado o 15 de xuño de 1993 en El Viso del Alcor (Sevilla), é un futbolista profesional español que xoga de defensa central no Racing de Santander. É internacional en todas as categorías inferiores da selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en El Viso del Alcor, Provincia de Sevilla, España, sendo o maior de dous irmáns. Á idade de 12 anos entrou no sistema de categorías inferiores do Sevilla Fútbol Club, ao igual que o seu irmán. Catro anos máis tarde, en 2011, está a piques de abandonar o fútbol por mor dunha doenza cardiovascular, da cal finalmente conseguiu recuperarse por completo.[1]
As seguintes tempadas pasa a formar parte do filial do club sevillista, competindo na Segunda División B. O 10 de marzo de 2013 marca dous goles contra o Arroyo CP nunha vitoria na casa por 3-0 e, o 28 de abril, fai o seu debut oficial co primeiro equipo, saíndo como suplente no minuto 87 por José Antonio Reyes nun partido de Primeira División ante o Real Valladolid que acabaría con empate 1-1. O 2 de xullo de 2014 Israel ficha por outro filial, o Villarreal CF B, tamén en Segunda División B. Chega tamén a debutar co primeiro equipo o 4 de decembro do mesmo ano, esta vez nun encontro da Copa do Rei ante o Cádiz CF, que acabaría con vitoria para o seu equipo por 2-1. O 4 de marzo de 2015 asina co Club Deportivo Lugo da Segunda División até xuño de 2016. A súa contratación fóra do prazo de fichaxes foi permitida pola lesión de longa duración de Jon García.
A nivel internacional, Israel xoga en todas as categorías inferiores da selección española, xogando torneos como a Eurocopa de Liechtenstein 2010 e o Mundial de Turquía 2013.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Sevilla Atlético | Segunda B | 2010–2011 | 6 | 0 |
Sevilla Atlético | Segunda B | 2011–2012 | 22 | 0 |
Sevilla Atlético | Segunda B | 2012–2013 | 33 | 3 |
Sevilla FC | Primeira | 2012–2013 | 2 | 0 |
Sevilla Atlético | Segunda B | 2013–2014 | 32 | 0 |
Sevilla FC | Primeira | 2013–2014 | 3 | 0 |
Villarreal CF B | Segunda B | 2014–2015 | 25 | 3 |
CD Lugo | Segunda | 2015 | 13 | 1 |
CD Lugo | Segunda | 2015–2016 | 18 | 0 |
Títulos[editar | editar a fonte]
- UEFA Europa League. Sevilla FC (2014)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Diario de Sevilla, ed. (9 de xullo de 2011). "Israel Puerto, el rescate de una perla que pudo dejar el fútbol" [Israel Puerto, o rescate dunha xema que puido ter deixado o fútbol] (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2015.