Ernesto Gómez
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 26 de abril de 1985 Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ernesto Gómez Goméz, máis coñecido como Ernesto, nado o 26 de abril de 1985 en Madrid, é un futbolista profesional español. Xoga de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ernesto Gómez formouse nas categorías inferiores do Real Madrid. Foi internacional coa selección española en categorías inferiores (Sub-17 e Sub-18). Entre 2004 e 2006 formou parte do primeiro filial branco, o Real Madrid Castilla. Non chegou a debutar en partido oficial co primeiro equipo madridista, aínda que si disputou algúns partidos de carácter amigable.
No verán de 2006 ficha polo Málaga CF. Ao ano seguinte, é fichado pola SD Ponferradina, club co que disputaría as dúas tempadas seguintes. A tempada 2009/10 xogouna no Alcorcón, no que participaría activamente nos dous maiores fitos na historia deste club: o "alcorconazo" e o ascenso á Segunda División. No verán de 2010 Ernesto ficha polo CD Guadalajara. Co cadro alcarreño conseguiría un novo ascenso á Liga Adelante, conseguindo ademais o gol decisivo. É un dos alicerces do club alcarreño na tempada do seu debut no fútbol profesional, xogando 35 partidos de liga e anotando 9 goles. Trala mesma, marchou para fichar polo Recreativo de Huelva, onde non ten continuidade debido a unha lesión. Ao final da tempada o equipo andaluz dálle a carta de liberdade, o que lle permite asinar co Club Deportivo Lugo.
Clubs
[editar | editar a fonte]| Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
|---|---|---|---|---|
| Real Madrid Castilla | Segunda B | 2001-2002 | 1 | 0 |
| Real Madrid Castilla | Segunda B | 2004-2005 | 4 | 0 |
| Real Madrid Castilla | Segunda | 2005-2006 | 16 | 0 |
| Málaga | Segunda | 2006-2007 | 12 | 0 |
| Ponferradina | Segunda B | 2007-2008 | 33 | 2 |
| Ponferradina | Segunda B | 2008-2009 | 33 | 1 |
| Alcorcón | Segunda B | 2009-2010 | 34 | 1 |
| Guadalajara | Segunda B | 2010-2011 | 32 | 4 |
| Guadalajara | Segunda | 2011-2012 | 35 | 9 |
| Recreativo | Segunda | 2012-2013 | 8 | 0 |
| Lugo | Segunda | 2013-2014 | 9 | 1 |
| Lugo | Segunda | 2014-2015 | 0 | 0 |