Iago Díaz
Iago Díaz | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Iago Díaz Fernández | ||
Nacemento | 10 de febreiro de 1993 (30 anos) | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Altura | 1,75 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Recreativo de Huelva | ||
Número | 7 | ||
Carreira xuvenil | |||
2007-2012 | Lugo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2011–2015 | Lugo | 109 | (12) |
2015–2017 | Almería | 12 | (2) |
2017 | → Cultural Leonesa Cedido | 18 | (2) |
2017–2018 | SD Ponferradina | 31 | (3) |
2018– | Recreativo | 13 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 17 de decembro de 2015.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Iago Díaz Fernández, coñecido como Iago Díaz nado en Barcelona (Cataluña) o 10 de febreiro de 1993, é un futbolista profesional galego que actualmente xoga de centrocampista no Recreativo de Huelva. Os seus pais son de Lugo e Paradela. Formado na canteira do Club Deportivo Lugo, anteriormente até os once anos xogara no Azkar Lugo de fútbol sala.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado circunstancialmente Barcelona, aínda que lucense, de facto pódese ler habitualmente que naceu en Lugo, Iago Díaz comezou a xogar de novo nas categorías inferiores do equipo de fútbol sala da súa cidade, o Azkar Lugo, pasando desde alí pasou ás categorías inferiores do Club Deportivo Lugo. No club albivermello comezaría a progresar até chegar debutar en decembro de 2011 co primeiro equipo nun encontro da Segunda División B ante o Rayo Vallecano B en Madrid. No Anxo Carro xogaría o seu primeiro partido oficial ante o Real Club Celta de Vigo B. O 4 de marzo desa mesma tempada marca o seu primeiro gol na competición ante o Real Sporting de Gijón B, curiosamente outro equipo filial. Finalizaría ese ano tendo xogado 13 partidos co primeiro equipo, nun ano no que os galegos conseguriían o seu ascenso á Segunda División. Ese mesmo verán asina un contrato por tres temporadas no equipo da súa cidade.
No seu primeiro ano na categoría de prata, debuta xa na primeira xornada, o 18 de agosto de 2012, na vitoria dos lucenses por 1-0 ante o Hércules Club de Fútbol,[1] saíndo no minuto 75 en substitución do arxentino Diego Tonetto. O seu primeiro gol en Segunda chegaría antes de finalizar o ano, anotando o 1-2 na derrota do seu equipo ante o seu público contra o Girona Futbol Club.[2] Finalizaría a tempada 2012-13 con 4 goles marcados, o que o faría o segundo máximo goleador do club nesa tempada xunto con Pablo Álvarez, só por detrás dos 15 goles de Óscar Díaz. Na tempada 2013-14 xogaría 37 partidos e anotaría 3 goles, sendo a finais de tempada un dos fixos no once de Quique Setién.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Lugo | Segunda B | 2011-2012 | 17 | 1 |
Lugo | Segunda | 2012-2013 | 31 | 4 |
Lugo | Segunda | 2013-2014 | 37 | 3 |
Lugo | Segunda | 2014-2015 | 24 | 4 |
UD Almería | Segunda | 2015-2016 | 20 | 2 |
UD Almería | Segunda | 2016-2017 | 11 | 0 |
Cultural Leonesa | Segunda B | 2017 | 14 | 2 |
SD Ponferradina | Segunda B | 2017- |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Manu se empeña en escribir la historia lucense
- ↑ "Entrevista a Iago Díaz". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. Consultado o 14 de agosto de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en inglés)
- Datos do xogador en resultados-futbol.com Arquivado 02 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)