Miguel Vieira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vieira
Información persoal
Nome Luís Miguel Vieira Silva
Nacemento 8 de outubro de 1990 (31 anos)
Lugar de nacemento Amarante
Altura 1,90 m
Posición Defensa central
Información de club
Club actual İstanbul Başakşehir
Número 24
Carreira xuvenil
2000–2008 Vila Meã
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2012 Vila Meã 49 (0)
2012−2013 Espinho 30 (2)
2013–2015 Aves 65 (4)
2015–2018 Paços Ferreira 55 (5)
2018–2019 Lugo 34 (1)
2019– İstanbul Başakşehir 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 17 de xullo de 2018editar datos en Wikidata ]

Luís Miguel Vieira Silva, máis coñecido como Vieira, nado o 8 de outubro de 1990 en Amarante (Porto), é un futbolista profesional portugués que xoga como defensa central no İstanbul Başakşehir.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Amarante, no Distrito do Porto, Vieira comezou a súa carreira no fútbol no club afeccionado Vila Meã da súa localidade natal. Con vinte e dous anos asinou co Aves da Segunda Liga, facendo o seu debut como profesional o 18 de agosto de 2013 nun empate 1–1 contra o Oliveirense no Carlos Osório de Oliveira de Azeméis, onde xogou os 90 minutos.[1] Na seguinte temporada, a 2014–15, anotou 4 goles en 39 xogos, axudando ao seu equipo a acadar o décimo oitavo posto, fóra da zona de descenso.

En xuño de 2015, Vieira asina por dous anos co Paços de Ferreira da Primeira Liga.[2] O seu debut na máxima categoría chegou o 30 de agosto dese mesmo ano, saíndo como suplente para xogar 42 minutos no empate 1–1 contra o F.C. Arouca no Estádio da Mata Real pacense. O seu protagonismo cos "Castores" foi en aumento ano a ano, e na temporada 2017−18 xogou 32 partidos onde anotou 4 goles, sendo incluído varias veces na votación para mellor defensa do mes.[3]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
S.C. Espinho CDP (3ª) 2012−2013 32 1
Desportivo Aves Segunda Liga 2013−2014 25 0
Desportivo Aves Segunda Liga 2014−2015 40 4
Paços de Ferreira Primeira Liga 2015−2016 9 0
Paços de Ferreira Primeira Liga 2016−2017 14 1
Paços de Ferreira Primeira Liga 2017−2018 32 4
Lugo LaLiga 2 2018−2019 34 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Oliveirense-Aves: 1–1: Equilíbrio dominou". Record. 18 de agosto 2013. 
  2. "Miguel Vieira assina por duas temporadas". Mais Futebol. 17 de xuño de 2015. 
  3. "Perfil. Miguel Vieira". C.D. Lugo. 17 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]