Jaime Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jaime Romero
Jaime romero.jpg
Información persoal
Nome completo Jaime Romero Gómez
Nacemento 31 de xullo de 1990 (29 anos)
  Valdeganga e Albacete
Nacionalidade España
Altura 1,76 m
Posición Extremo
Información de club
Club actual CD Lugo
Número 14
Carreira xuvenil
Albacete
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2009 Albacete 36 (3)
2009–2016 Udinese 4 (0)
2010–2011Bari (c.) 10 (0)
2011–2013Granada (c.) 29 (1)
2013Orduspor (c.) 11 (0)
2013–2014Real Madrid B (c.) 32 (3)
2014–2016Zaragoza (c.) 37 (8)
2016–2017 Osasuna 19 (0)
2017– Córdoba 17 (0)
2018Lugo 18 (2)
Selección nacional
2009 España sub-19 2 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 5 de xullo de 2018

Jaime Romero Gómez, nado o 31 de xullo de 1990 en Valdeganga (Albacete), é un futbolista profesional español da canteira do Albacete Balompié que actualmente xoga como centrocampista no Córdoba Club de Fútbol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Valdeganga (Albacete), Castela-A Mancha, Jaime Romero formouse nas categoría inferiores do Albacete Balompié, principal equipo da súa provincia natal. Con tan só dezaoito anos, na campaña 2008−09, debuta co primeiro equipo naquela altura da Segunda División. Cos albaceteños xoga todos os partidos menos seis e anota tres tantos. O seu rendemento lévao a xogar coa selección española sub-19 e a asinar co Udinese Calcio da Serie A, máxima categoría do fútbol italiano, nun traspaso valorado en 1,8 millóns de euros. O seu debut co equipo de Udine prodúxose o 8 de novembro de 2009 na derrota do seu equipo na casa ante a ACF Fiorentina. Nesa temporada acaba xogando tres partidos máis na máxima cateogría: ante a Juventus FC, o Bologna FC 1909 e como titular ante o A.C. Siena.[1]

Na seguinte temporada é cedido a outro equipo da Serie A, o A.S. Bari de la Serie A italiana, onde disputa dez partidos de liga, cinco deles como titular. Na temporada seguinte regresa a España para xogar cedido no Granada C.F., sendo o primeiro reforzo do club no seu regreso á Primeira División. En dúas temporadas no club andalauz na máxima categoría xoga vinte e nove partidos onde anota un gol. O seu debut na máxima categoría sería o 27 de agosto de 2011 no Estadio Nuevo Los Cármenes na derrota por 0−1 do seu equipo ante o Real Betis. O seu primeiro gol en Primeira chega o 11 de abril no minuto dous no empate 2−2 na casa do seu equipo ante o Athletic Club.

En xaneiro de 2013 sae do equipo nazarí para xogar cedido no Orduspor da Süper Lig, máxima categoría do fútbol turco. Alí xoga once encontros antes do fin da temporada. Para a temporada 2013−14 é cedido ao Real Madrid Castilla, filial do Real Madrid. O 2 de xaneiro chega debutar co primeiro equipo nun amistoso en Qatar ante Paris Saint-Germain, xogando a segunda parte completa en substitución de Cristiano Ronaldo. Ao ano seguinte é cedido ao Real Zaragoza, onde é chave para que o conxunto chegue á final dos playoffs de ascendo a Primeira. Alí permanece outro ano máis até que o 4 de xullo de 2016 C.A. Osasuna de Primeira División. Tras o descenso de categoría dos navarros, o 8 de xullo de 2017 asina polo Córdoba C.F. por 500.000 euros. O 17 de xaneiro anúnciase a súa cesión ao Club Deportivo Lugo.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano Partidos Goles
Albacete Balompié Segunda 2008−2009 36 3
Udinese Calcio Serie A (1ª) 2009−2010 4 0
A.S. Bari Serie A (1ª) 2010−2011 10 0
Granada C.F. Primeira 2011−2012 18 1
Granada C.F. Primeira 2012−2013 11 0
Orduspor Süper Lig (1ª) 2013 11 0
Real Madrid B Segunda 2013−2014 32 2
Real Zaragoza Segunda 2014−2015 28 7
Real Zaragoza Segunda 2015−2016 9 1
C.A. Osasuna Primeira 2016−2017 19 0
Córdoba C.F. Segunda 2017−2018 17 0
Lugo Segunda 2018 18 2

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]