Joselu Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joselu
Información persoal
Nome José Luis Moreno Barroso
Nacemento 3 de marzo de 1991 (33 anos)
Lugar de nacemento Cartaya
Altura 1,77 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Tenerife
Número -
Carreira xuvenil
San Sebastián Cepsa
Villarreal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2011 Villarreal C 40 (46)
2010–2012 Villarreal B 36 (12)
2011–2013 Villarreal 11 (0)
2012–2013Córdoba (cedido) 26 (3)
2013–2015 Recreativo 55 (10)
2015 Mallorca 19 (2)
2015–2017 Lugo 58 (28)
2017–2018 Granada 41 (9)
2018– Oviedo 36 (10)
2020–Tenerife (cedido) 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de xuño de 2019.
editar datos en Wikidata ]

José Luis Moreno Barroso, nado o 3 de marzo de 1991 en Cartaya (Huelva, Andalucía), é un futbolista profesional español da canteira do Villarreal, que xoga como dianteiro no CD Tenerife da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Cartaya, provincia de Huelva, Joselu naceu nunha familia humilde, quedándose a xogar ao fútbol ás noites debido a que os seus pais estaban a traballar.[1] Tras varios anos xogando ao fútbol, pasou formar parte das categorías inferiores do Recreativo de Huelva. Alí, tras ser gravado por un empregado do club, varíos equipos se interesan por el, entre eles o Atlético de Madrid, o FC Barcelona, o RCD Espanyol e o Villarreal CF, equipo polo que finalmente asinaría. Os motivos que alegou para escoller o equipo castellonenco foron a familiriadade de club e as súas instalacións, por riba de motivos económicos.[1] Alí foi subindo polas categorías inferiores do club, até chegar en 2009 ao Villarreal C, onde no seu primeiro ano sería o máximo goleador da categoría con 19 goles, sendo o segundo máximo goleador na temporada seguinte con 27 tras Paco Alcácer (con 28).

As súas boas actuación levárono a xogar simultaneamente co Villarreal B da Segunda División. Na temporada 2011–12 márcase un destacábel comezo temporada con 5 goles en 224 minutos (un gol cada 45 minutos), sendo ademais o primeiro xogador na historia do fialial do Villarreal en conseguir un hat-trick en Segunda. Esta boa actuación lévao a debutar en Primeira División co primeiro equipo, con quen xoga ademais tres partidos da Champions League. Ao ano seguinte vaise cedido ao Córdoba, onde permanecere un ano. Ao ano seguinte deixa o seu club de toda a vida e asina co principal club da súa provincia natal, o Recreativo, para a temporada 2013–14. Alí permanece até xaneiro de 2015, abandonando o club debido á difícil situación económica da entidade,[2] e asinando polo RCD Mallorca. Tras o final da temporada, o 28 de agosto asina polo Club Deportivo Lugo[3] para as seguintes dúas temporadas, con opción a unha máis.[4] Despois dun ano se moito protagonismo no cadro lucense, na temporada 2016–17 consegue converterse no máximo baluarte do equipo, conseguindo ser o máximo goleador da categoría con 23 goles, o primeiro na historia do club.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
Villarreal C Terceira 2009–2010 24 19
Villarreal B Segunda 2009–2010 2 0
Villarreal C Terceira 2010–2011 16 27
Villarreal B Segunda 2010–2011 5 1
Villarreal B Segunda 2011–2012 29 11
Villarreal Primeira
Champions League
2011–2012 11
3
0
0
Córdoba Segunda 2012–2013 26 3
Recreativo Segunda 2013–2014 36 7
Recreativo Segunda 2014–2015 19 3
Mallorca Segunda 2015 19 2
Lugo Segunda 2015–2016 19 5
Lugo Segunda 2016–2017 39 23

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Melero, Javier (8 de outubro de 2011). "Joselu, el goleador compulsivo". El País (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  2. "Joselu se va porque la situación de impagos "era insostenible"". Marca (en castelán). 15 de xaneir ode 2015. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  3. "O Lugo asina a Joselu, dianteiro procedente do Mallorca". CRTVG. 28 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2015. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  4. "Joselu, nuevo jugador del CD Lugo". CD Lugo (en castelán). 28 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 30 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]