Fractura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Imaxes internas e externas dun brazo fracturado.

Unha fractura é a rotura total ou parcial dun óso. Unha fractura pode ser espontánea, se se produce por un debilitamento fisiolóxico da estrutura ósea, ou traumática, se se produce por un axente externo que actúa sobre o organismo de forma violenta e rápida.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Clasificación xeral[editar | editar a fonte]

As fracturas poden ser:

  • Sinxelas ou pechadas: danse cando o óso se parte sen producir lesións nas partes brandas que o rodean.
  • Complexas ou abertas: danse cando o óso esgaza as partes brandas, producindo unha ferida que o abre ao exterior. Este tipo de fractura ten un maior risco de infección e dificulta a súa curación.

Tipos de fracturas traumáticas[editar | editar a fonte]

Entre as fracturas traumáticas poden distinguirse dous tipos:

  • Directas: aquelas que se producen no punto no que actúa o trauma.
  • Indirectas: prodúcense en puntos do corpo afastados do que recibe o trauma, ou son consecuencia de movementos violentos ou traccións repentinas dos ligamentos.

Clasificación segundo o tipo de rotura do óso[editar | editar a fonte]

Segundo o tipo de rotura do óso, as fracturas poden ser:

  • Incompletas: cando o óso non está totalmente partido.
  • Transversais: cando a liña de rotura é perpendicular ao eixo lonxitudinal do óso.
  • Espiroidais: cando a liña de rotura é espiral ou helicoidal ao redor do óso.
  • Oblicuas ou diagonais: cando a liña de rotura está inclinada con respecto ao eixo do óso.
  • Lonxitudinais: cando a liña de rotura é paralela ao eixo lonxitudinal do óso.
  • Esteladas: cando o óso se fragmenta.

Clasificación segundo a parte do corpo[editar | editar a fonte]

Fracturas da cintura escápulo-humeral (ombro)[editar | editar a fonte]

Fracturas do úmero[editar | editar a fonte]

Fracturas do cóbado en antebrazo[editar | editar a fonte]

Fracturas do carpo e a man[editar | editar a fonte]

Fracturas da columna[editar | editar a fonte]

Fracturas da pelvis e do cadril[editar | editar a fonte]

Fracturas do fémur e da tibia[editar | editar a fonte]

Fracturas do nocello e pé[editar | editar a fonte]

Diagnóstico e tratamento[editar | editar a fonte]

As fracturas diagnostícanse con relativa facilidade, aínda que é indispensable un exame radiolóxico para guiar a intervención do traumatólogo en caso de ser necesaria. En xeral o tratamento ten dúas fases, a redución e a contención.

Redución[editar | editar a fonte]

As dúas caras do óso roto póñense en contacto, restablecendo a súa forma orixinal. Isto faise mediante redución fechada, é dicir, sometendo o óso a tracción manual ou instrumental, ou con redución cruenta, isto é, mediante intervención cirúrxica durante a cal os elementos fraccionados fíxanse empregando parafusos, fíos, placas ou cravos metálicos de varios tipos. No caso dunha fractura aberta sempre é necesaria a intervención.

Contención[editar | editar a fonte]

A parte do corpo na que se atopa a fractura debe inmobilizarse co fin de que as paredes separadas do óso permanezan na posición correcta durante o tempo necesario para que se solden unha á outra. Para isto faise unha vendaxe ou entálanse as articulacións que se atopen por riba e por baixo da fractura.

O óso partido e reducido forma novo tecido óseo (callo) ao longo da liña de fractura. Para favorecer o crecemento óseo é oportuno enriquecer a dieta con vitaminas e minerais (vitamina D, calcio, fósforo e magnesio).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]