Francisco Sandaza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sandaza
Fran Sandaza.jpg
Información persoal
Nome completo Francisco José Sandaza Asensio
Nacemento 30 de novembro de 1984 (34 anos)
Lugar Toledo, España
Altura 1,88 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Girona
Número 21
Carreira xuvenil
Leganés
Coslada
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2004 Toledo 7 (1)
2004–2008 Valencia B 36 (23)
2005Onda (ced.) 12 (4)
2006–2007Puçol (ced.) 20 (9)
2008–2010 Dundee United 38 (11)
2010–2011 Brighton & Hove Albion 19 (4)
2011–2012 St. Johnstone 27 (14)
2012–2013 Rangers 14 (2)
2013–2014 Lugo 26 (5)
2014–2015 Girona 38 (16)
2015–2016 Tokyo 8 (0)
2016– Girona 0 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 1 de xullo de 2016

Francisco José Sandaza Asensio, coñecido como Francisco Sandaza, nado en Toledo o 30 de novembro de 1984, é un futbolista profesional español. Xoga como dianteiro no Girona da Segunda División. Saltou á fama debido á controversia creada por unha broma telefónica que sufriu mentres xogaba no Glasgow Rangers escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Valencia B[editar | editar a fonte]

Sandaza chegou ao Valencia no ano 2002, pasando a formar parte do seu equipo filial, o Valencia Mestalla. Antes, Sandaza xogara cedido no UD Puçol da Terceira División, sendo o seu adestrador ese ano Luis Milla. Con todo, pensou en deixar o fútbol a tempo completo para converterse en oficial de policía. Nesa época converteuse nun bo amigo do seu daquela compañeiro de equipo Jordi Alba.

Dundee United[editar | editar a fonte]

O 11 de xullo de 2008, Sandaza cambia de aires e asina polo Dundee United da Scottish Premier League, a máxima categoría do fútbol escocés, tras desestimar ofertas da Segunda División. Debuta na campetición exactamente un mes despois, logo de anotar tres goles na pretempada. Marcou o seu primeiro gol na liga para o club no empate 1-1 contra o Celtic o 17 de agosto. En setembro, Sandaza anotou o seu segundo gol, conseguíndoo catro veces na primeira quincena de novembro, incluíndo un dobrete o Rangers, posteriormente campión da Liga. Con todo, unha lesión detivo o se progreso, non volvendo anotar de novo até finais de febreiro, marcando tres veces máis en marzo. Na súa primeira tempada en Escocia, Sandaza anotou dez goles na liga, cinco deles ante os dous grandes do fútbol escocés: Celtic e Rangers.

Unha lesión na íngua impediulle comezar a camapaña 2009-10, tras unha operación, problemas de hernia restrinxiron as súas aparicións durante o resto da tempada. O 31 de agosto, trala fin da Liga, recibiu a carta de liberdade, o que lle permitiu fichar por outro club como axente libre tralo peche do mercado de fichaxes.

Brighton & Hove Albion[editar | editar a fonte]

Sandaza asinou polo Brighton & Hove Albion inglés baixo da man do adestrador Gus Poyet. Fixo o seu debut no club na vitoria por 2-0 sobre o Plymouth Argyle. Algunhas semanas máis tarde, Sandaza anotou o seu primeiro gol, que resultou ser o da vitoria por 2-1 ante o Oldham Athletic. Na FA Cup, Sandaza anotou dous goles en dous partidos consecutivos nas vitorias ante United of Manchester e o Portsmouth.

Dous meses máis tarde, o 22 de febreiro de 2011, marcou de novo, esta vez contra o Plymouth, o mesmo equipo contra o que debutara. Con todo, no logrou ter continuaidade no equipo por mor da dura competencia no seu posto, no que estaban nun gran estado de forma Ashley Barnes e Glenn Murray. Ao final da tempada, o club consegue o ascenso á Premier League. Porén, en maio abandona o club ao rematarse o seu contrato.

St. Johnstone[editar | editar a fonte]

O 25 de xullo de 2011, Sandaza asinou un contrato dun ano co St. Johnstone. Anotou 12 goles nos seus primeiros 17 partidos, o que provocou que o club lle ofrece un contrato estendido. Debido á súa forma goleadora, o Rangers ofrecelle un pre-contrato, xa que o seu período no club expiraba esa tempada. Finalmente rexeitaría a oferta, aínda que sinalando a súa simpatía polo equipo de Glasgow. Despois dunha tempada no St. Johnstone, no que sería un dos máximos goleadores da Primeira División escocesa, convertese en axente libre despois de anunciar que deixa o club.

Rangers[editar | editar a fonte]

O 7 de agosto de 2012, asina finalmente un contrato millonario de catro anos cos Rangers, onde chega en calidade de estrela para facer rexuridir ao mítico club do seu descenso administrativo cun soldo de 6.850 dólares semanais. O 18 de agosto anotou o seu primeiro gol cos de Glasgow e proporcionou dúas asistencias para gañar por 3-1 ao East Stirlingshire ante 49.118 espectadores no Ibrox Stadium. O 20 de xaneiro, anotou o seu segundo gol ante o Peterhead dando a vitoria por 1 a 0 aos light blues. Con todo, sufriu unha lesión no pómulo que o lastrou para o resto do ano.

Tras algúns roces co club, debido ao seu contrato e á súa lesión, sofre unha broma telefónica de alguén que dicía ser axente de fútbol ofrecéndolle un gran contrato, Sandoza afirmouque estudiaría ofertas alternativas a seguir no Rangers, onde non se sentía moi a gusto.

"O diñeiro está ben. O club é incríble. É un gran club, moi grande e os seguidores son fenomenales, pero obviamente se podo marchar a outra liga meior e gañar máis diñeiro iríame [...] para mín e a miña familia".[1]

Lugo[editar | editar a fonte]

Con isto como excusa, foi suspendido polo club, que finalmente rescindiría o seu contrato. O xogador, con todo, toma medidas legais debido ao incumprimento de contrato. Finalmente marcha da liga escocesa para asinar como novo xogador do Club Deportivo Lugo da Liga Adelante. Tras un ano sen moitos minutos, onde anota 5 goles, o club lucense decide non renovar ao xogador que asina no verán polo Girona da mesma categoría.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
Valencia B Segunda B 2006-2007 36 23
Dundee United Scottish Premier League 2008-2009 35 10
Dundee United Scottish Premier League 2009-2010 8 1
Brighton & Hove Albion Football League One 2010-2011 19 4
St. Johnstone Scottish Premier League 2011-2012 31 18
Glasgow Rangers Scottish Third Division 2012-2013 19 2
Lugo Segunda División 2013-2014 26 5
Girona Segunda División 2014-2015 38 16
Tokyo J. League 2015-2016 8 0

Palmarés[editar | editar a fonte]

Valencia Mestalla

Brighton & Hove Albion

  • Football League One: 2010–11

Glasgow Rangers

  • Scottish Third Division: 2012–13

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Una broma que ha truncado su carrera". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]