Maxi Rolón
Maxi Rolón | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Maximiliano Brian Rolón | ||
Nacemento | 19 de xaneiro de 1995 | ||
Lugar de nacemento | Rosario | ||
Falecemento | 14 de maio de 2022 | ||
Lugar de falecemento | Casilda | ||
Altura | 1,69 m | ||
Posición | Extremo esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Arsenal de Sarandí | ||
Carreira xuvenil | |||
Orono | |||
Atlético Luján | |||
2007–2010 | Barcelona Juniors Luján | ||
2010–2014 | Barcelona | ||
2013 | → Cornellà (ces.) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2016 | Barcelona B | 24 | (2) |
2016 | Santos | 2 | (0) |
2017 | Lugo | 2 | (0) |
2017 | Arsenal Sarandí | 0 | (0) |
2018 | Coquimbo Unido | ||
2018-2019 | CE Pubilla Casas | ||
2019-2020 | Fuerza Amarilla | ||
2020-2022 | Atlético Chabás | ||
Selección nacional | |||
2014–2015 | Arxentina sub-20 | 7 | (1) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 31 de agosto de 2017[ editar datos en Wikidata ] | |||
Maximiliano Brian Rolón, nado o 19 de xaneiro de 1995 en Rosario (Santa Fe) e finado en Pujato o 14 de maio de 2022,[1] foi un futbolista profesional arxentino da canteira do FC Barcelona que xogaba como extremo esquerdo.
Era irmán xemelgo do tamén futbolista Leonardo Rolón.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Rosario (Santa Fe), Rolón comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Atlético Luján, club da súa cidade natal. No ano 2007 fichou pola canteira do FC Barcelona, aínda que non se mudou a La Masia até tres anos despois.[2] Con todo, en 2013, foi cedido á UE Cornellà por mor da súa condición de cidadán extracomunitario, regresando ao club en xaneiro do ano seguinte para formar parte do "Xuvenil A".[3] En maio dese mesmo ano foi ascendido ao FC Barcelona B da Segunda División.[4] Tras ser ligado a unha posíbel cesión ao Lleida Esportiu en agosto,[5] finalmente permaneceu no club barcelonés, debutando como profesional o 4 de outubro ante o CD Lugo no Mini Estadi.[6] O 20 de setembro de 2015, co seu equipo agora na Segunda División B, marcou o seu primeiro gol como sénior ante a UE Olot na primeira vitoria da temporada.[7] O de febreiro do ano seguinte rescindiu o seu contraro, asinado co Santos do Brasileirão. Tras a falta de oportunidades no club paulista, asinou o 31 de xaneiro de 2017 co Lugo de LaLiga2. A nivel internacional foi campión do Suramericano Sub-20 de 2015 coa selección arxentina.
Faleceu xunto co seu irmán, o tamén futbolista Ariel Rolón, o 14 de maio de 2022 debido ás feridas provocadas nun accidente de tráfico preto da localidade de Casilda, Santa Fe.[8]
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
FC Barcelona B | LaLiga2 | 2014−2015 | 7 | 0 |
FC Barcelona B | Segunda B | 2015−2016 | 15 | 2 |
Santos FC | Brasileirão | 2016 | 2 | 0 |
CD Lugo | LaLiga2 | 2017 | 2 | 0 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fallece Maxi Rolón, canterano del Barça, en un accidente de tráfico". AS.com (en castelán). 2022-05-15. Consultado o 2022-05-15.
- ↑ "Maxi Rolón, tras la huella de Messi" [Maxi Rolón, tras a pegada de Messi] (en castelán). El Gráfico. 28-02-2012.
- ↑ "El rosarino de la cantera" [O rosarino da canteira] (en castelándate=19-09-2013). El Mundo Deportivo.
- ↑ "Barça B pre-season plans" [Plans de pretemporada do Barça B] (en inglés). FC Barcelona. 07-05-2014.
- ↑ "El Lleida pide al Barça la cesión de Maxi Rolón" [O Lleida pide ao Barça a cesión de Maxi Rolón] (en castelán). Sport. 13-08-2014. Consultado o 6 de outubro de 2014.
- ↑ "Un inteligente Lugo desconecta a un Barça B falto de confianza" [Un intelixente Lugo desliga a un Barça B falto de confianza] (en castelán). Marca. 04-10-2014.
- ↑ "Maxi Rolón firma la primera victoria del FC Barcelona B" [Maxi Rolón aina a primeira vitoria do FC Barcelona B] (en castelán). Sport. 20-10-2015.
- ↑ "Murió Maxi Rolón: el delantero argentino formado en Barcelona se mató en un accidente en la ruta". LA NACION (en castelán). 2022-05-15. Consultado o 2022-05-16.