Óscar Díaz González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óscar Díaz
Información persoal
Nome Óscar Díaz González
Nacemento 24 de abril de 1984 (40 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,80 m
Posición Dianteiro/Centrocampista
Información de club
Club actual Almería
Número 9
Carreira xuvenil
Alcorcón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2004 Alcorcón B ? (?)
2004–2005 Alcorcón 36 (6)
2005–2006 Real Madrid B 13 (2)
2006–2008 Elche 44 (4)
2008–2010 Mallorca 0 (0)
2008–2009Celta (cedido) 34 (2)
2010Recreativo (cedido) 16 (0)
2010–2012 Xerez 52 (6)
2012 Girona 9 (0)
2012–2013 Lugo 38 (15)
2013–2014 Almería 30 (4)
2014– Valladolid
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 23 de xullo de 2014editar datos en Wikidata ]

Óscar Díaz González, nado en Madrid o 24 de abril de 1984, é un futbolista profesional español que actualmente xoga de dianteiro no Real Valladolid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou o seu camiño nas categorías inferiores do Alcorcón, debutando co primeiro equipo na tempada 2004-05 na Segunda B. As súas boas actuacións lévanlle a asinar polo Real Madrid Castilla, para a tempada 2005-06 na Segunda división. No filial madridista só xoga unha tempada, fichando posteriormente polo Elche da mesma categoría.

Tras dous anos no club ilicitano acepta a oferta do Real Mallorca da Primeira División no verán de 2008, mais finalmente non entra nos plans do seu adestrador, Gregorio Manzano, e para a tempada 2008-09 acepta a proposta de xogar cedido no Celta de Vigo en Segunda.

Na tempada 2009-10 e tras o seu paso polo club vigués, volve ao seu club, o Real Mallorca. No mes de xaneiro de 2010 volta ser cedido até fin de tempada, esta vez no Recreativo de Huelva. Tras esta cesión, e coa carta de liberdade debaixo do brazo, Óscar volve á segunda división, e firma por dous anos co Xerez CD. Aínda que posteriormente pasaría formar parte do cadro de xogadores do Girona FC. O 27 de xullo de 2012 asina co Club Deportivo Lugo para continuar xogando na categoría de Prata. No equipo galego, trala lesión do dianteiro arxentino Mauro Quiroga Ócar Díaz pasaría de xogar de interior a ocupar a posición de dianteiro centro cun notable éxito, converténdose no máximo goleador do Lugo na campaña e de toda a súa historia até o momento no fútbol profesional con 15 tantos.

O 28 de xuño de 2013 asina coa UD Almería para xogar na Primeira División, pagando unha cláusula ao Lugo de 30.000 euros. Tras un ano co equipo almeriense, o 23 de xullo de 2014 é presentado polo Real Valladolid para volver xogar na segunda categoría.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
2003-2004 Alcorcón B Rexional 38 27
2004-2005 Alcorcón Segunda B 36 8
2005-2006 Real Madrid Castilla Segunda 18 2
2006-2007 Elche CF Segunda 30 2
2007-2008 Elche CF Segunda 14 2
2008-2009 Celta de Vigo (Cedido) Segunda 34 3
2009 Real Club Deportivo Mallorca Primeira 0 0
2010 Real Club Recreativo de Huelva Segunda 16 0
2010-2011 Xerez CD Segunda 40 6
2011-2012 Xerez CD Segunda 12 0
2012 Girona FC Segunda 9 0
2012-2013 CD Lugo Segunda 38 15
2013-2014 UD Almería Primeira 30 4
2014-2015 Real Valladolid Segunda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]