Saltar ao contido

David Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Prieto
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2002-2003cesión Jerez CF (en) Traducir 28(1)
2002-2008 Sevilla Atlético 133(5)
2005-2011 Sevilla FC 30(0)
2006-2007cesión Xerez Club Deportivo 38(1)
2009-2010cesión Xerez Club Deportivo 21(0)
2010-2011cesión Club Deportivo Tenerife 20(1)
2011-2012 Córdoba Club de Fútbol 22(1)
2012-2013 Xerez Club Deportivo 26(3)
2014-2014 CD Lugo 4(0)
2014-2015 Real Murcia 33(1)
2015- CD Atlético Baleares Editar o valor en Wikidata

David Prieto Gálvez, nado en Sevilla o 2 de xaneiro de 1983, é un futbolista profesional español que actualmente xoga como defensa central no Club Deportivo Lugo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezo no Sevilla

[editar | editar a fonte]

David Prieto formouse na canteira do Sevilla Fútbol Club, conseguindo chegar até o filial, o Sevilla Atlético, na tempada 2002-03. Con todo, o primeiro ano foi cedido ao Jerez CF estremeño. Xa no filial sevillista na seguinte tempada afianzouse no eixo central da defensa, chegando a xogar 35 partidos que serviron ao equipo para meterse na promoción de ascenso á Segunda División como terceiro clasificado. Porén, na posterior fase de ascenso o club non consegue subir a categoría de prata. Na seguinte campaña o equipo acaba a liga na primeira posición do Grupo 4, aínda que de novo volve a fallar na súa tentativa de ascenso nas eleiminatorias. Así a todo a decepción de David tras non obter o ascenso viuse acougada ao conseguir debutar co primeiro equipo na Primeira División.

Na súa terceira tempada seguiu xogando co Sevilla Atlético, onde por terceira vez consecutiva clasificase para xogar a promoción de ascenso a Segunda. Esta vez o equipo terminou a liga na terceira posición, repetenido de novo a historia dos anos anteriores nas que non conseguiron o ascenso. Doutra banda, David Prieto seguía a xogar co primeiro equipo. Debido aos seus partidos na Primeira División co primeiro equipo e os fallos nas tentativas de ascenso á Segunda Divisón, para non frear a traxectoria do xogador e obter experiencia o club toma a decisión de procurarlle unha saída en calidade de cedido na Segunda categoría.

Segunda División

[editar | editar a fonte]

Finalmente o xogador recala para a tempada 2006-07 no Xerez Club Deportivo da Segunda División. Ese ano é unha das revelacións da Liga, demostrando un gran nivel nun Xerez no que disputa 38 partidos da competición. A pesar da gran tempada realizada, David Prieto segue sen ter un sitio no Sevilla FC. Porén, o ascenso a Segunda do Sevilla Atlético fai que o central regrese á casa sevillista para xogar no filial na tempada 2007-08. Tras a volta desde o equipo de Jerez de los Caballeros ao Sevilla Atlético, o filial sevillista convértese contra todo prognóstico no equipo revelación dos recentemente ascendidos. Tras pasar unha campaña tranquila nos postos medios-altos da táboa, acaba na novena posición, xogando David un total de 26 partidos. A súa continuidade no filial viuse interrompida polas convocatorias co primeiro equipo onde Juande Ramos vía nel unha promesa para o Sevilla FC con moito que achegar. En total Prieto xogou nove partidos, dos cales oito fíxoo como titular disputando todos os minutos.

Na tempada 2008-09, Prieto pasa ser definitivamente parte do cadro de xogadores do primeiro equipo do Sevilla Fútbol Club, sendo o encargado de levar o dorsal número 16 que se deixou vacante o falecemento de Antonio Puerta. No seu primeiro ano como xogador exclusivo de Primeira División consegue xogar 13 partidos de Liga, todos como titular. No verán de 2009, Manolo Jiménez notifica a David Prieto que non conta con el para a próxima campaña de Liga, xa que era o último central co que contaría no cadro de xogadores, recomendándolle así que se buscase equipo.

Regreso a Segunda Divisón

[editar | editar a fonte]

Tras as palabras do técnico sevillista e a procura do Xerez por atopar centrais, o Sevilla e o Xerez acaban chegando a un acordo para a incorporación como cedido no seu debut en Primeira División (tempada 2009-10). Unha das claves da fichaxe foi a gran relación que manteñen o Sevilla e o Xerez, así como o ano que David xa pasara alí na tempada 2006-07.[1] Tras xogar 21 partidos en Primeira, 20 deles como titular, ao ano seguinte é cedido de novo, esta vez na Segunda División, para formar parte do ambicioso proxecto para retomar a categoría do recentemente descendido Club Deportivo Tenerife.[2] Tras un ano no club canario, ficha polo Córdoba Club de Fútbol, onde permanece outra tempada. En xullo de 2012 anúnciase a súa incorporación, por terceira vez en seis anos, ao Xerez Club Deportivo, onde permanecería até o final de tempada. Tras os problemas extradeportivos do Xerez, Prieto comeza a tempada 2013-14 sen equipo, até que o 4 de febreiro de 2014 anúnciase a súa incorporación ao Club Deportivo Lugo de novo na Segunda División. No club galego xoga tan só 4 partidos no que resta de campaña, polo que o club lucense non lle ofrece renovar. Tras estar o verán sen equipo, asina polo Real Murcia para xogar Segunda División B.

Ano Club División Partidos Goles
2002-2003 Jerez CF Segunda B 28 1
2003-2004 Sevilla Atlético Segunda B 35 1
2004-2005 Sevilla Atlético Segunda B 31 3
2004-2005 Sevilla FC Primeira 4 0
2005-2006 Sevilla Atlético Segunda B 29 0
2005-2006 Sevilla FC Primeira 4 0
2006-2007 Xerez CD Segunda 38 1
2007-2008 Sevilla Atlético Segunda 26 1
2007-2008 Sevilla FC Primeira 9 0
2008-2009 Sevilla FC Primeira 13 0
2009-2010 Xerez CD Primeira 21 0
2010-2011 CD Tenerife Segunda 20 1
2011-2012 Córdoba CF Segunda 22 1
2012-2013 Xerez CD Segunda 26 3
2014 CD Lugo Segunda 4 0
2014-2015 Real Murcia Segunda B

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. Rivero, Álvaro (20 de agosto de 2009). As, ed. "Aquí también me siento como en casa" (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2014. 
  2. Agencia EFE (28 de xullo de 2010). As, ed. "El defensa David Prieto se va cedido al Tenerife" (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]