A Fédération Internationale de Football Association ou Federación Internacional de Fútbol (FIFA) é a institución que dirixe internacionalmente as asociacións deportivas de fútbol. Fundouse o 21 de maio de 1904 e ten a súa sede en Zürich, en Suíza. Forma parte do FA Board Internacional, organismo encargado de modificar as regras do xogo. Ademais, a FIFA organiza os campionatos mundiais de fútbol nas súas distintas modalidades.
O ingreso á FIFA está aberto a calquera asociación ou federación encargada de organizar o fútbol no seu país. Normalmente hai un só afiliado por estado, como no caso de Francia, España ou Portugal. Pero tamén se dan casos de asociacións de nacións sen estado, principalmente as británicas, Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte, por ser o Reino Unido o lugar onde naceu o fútbol moderno. Tamén atopamos, entre outras, as Illas Feroe, con selección independente de Dinamarca.
A nivel de continentes a FIFA ten afiliadas ás seguintes confederacións:
Desde a súa institución en 1904, a FIFA organizou un total de 16 torneos (FIFA competitions), dos cales 4 son no ámbito olímpico de acordo coa carta presentada polo Comité Olímpico Internacional, 1 no ámbito intercontinental e 11 no ámbito mundial (9 a nivel de seleccións e 2 a nivel de clubs).