Mattheus Oliveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mattheus
Información persoal
Nome Mattheus de Andrade Gama de Oliveira
Nacemento 7 de xullo de 1994
Lugar de nacemento Río de Xaneiro
Altura 1,82 m.
Posición Centrocampista ofensivo
Carreira xuvenil
2006–2013 Flamengo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2016 Flamengo 13 (0)
2015–2016 Estoril 27 (4)
2016–2017 Estoril 26 (2)
2017–2021 Sporting CP 0 (0)
2018 Vitória de Guimarães 14 (0)
2018–2019 Vitória de Guimarães 23 (3)
2020–2021 Coritiba 12 (1)
2022– Mafra 0 (0)
Selección nacional
2012–2013 Brasil sub-20 4 (0)
Na rede
Twitter: Mattheus7 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 21 de xaneiro de 2022.
Selección: actualizado a 15 de maio de 2017.editar datos en Wikidata ]

Mattheus de Andrade Gama de Oliveira, coñecido futbolisticamente como Mattheus, nado no Río de Xaneiro o 7 de xullo de 1994, é un futbolista brasileiro que xoga como centrocampista ofensivo no Mafra da Segunda Liga de Portugal.

Fillo do histórico dianteiro do Deportivo da Coruña e da selección brasileira Bebeto, fíxose coñecido poucos días despois do seu nacemento debido á famosa celebración que lle dedicou seu pai ao marcar un crucial gol crucial contra os Países Baixos nos cuartos de final do Mundial de 1994.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 7 de xullo de 1994 no Río de Xaneiro. Aínda que a súa familia vivía daquela na Coruña, súa nai Denise viaxou ao Brasil antes de dar a luz porque quería que o seu fillo nacese no pais suramericano.[2] Seu pai Bebeto, xogador naquel momento do Deportivo da Coruña, atopábase nos Estados Unidos disputando a Copa do Mundo coa selección brasileira.

Dous días despois do seu nacemento, seu pai marcou un dos goles na vitoria dos cuartos de final contra os Países Baixos e celebrouno simulando que arrolaba un bebé xunto con Romário e Mazinho, celebración que deu a volta ao mundo e se converteu nunha das máis famosas da historia do fútbol.[3][4][5] Recibiu de nome Mattheus, como homenaxe ao centrocampista alemán Lothar Matthäus.[6]

Flamengo[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Flamengo, estreándose co primeiro equipo o 3 de febreiro de 2012, nun partido do Campionato Carioca contra o Olaria.[7] Ese mesmo ano o adestrador Joel Santana fíxoo debutar tamén no Campionato Brasileiro, nunha vitoria por 1-0 contra o Santos.[8]

Cesión ao Estoril[editar | editar a fonte]

O 30 de xaneiro de 2015 foi cedido a Estoril, da Primeira Liga portuguesa.[9] Tivo que esperar ata abril para debutar na liga lusa, cando o adestrador Fabiano lle deu algúns minutos nun partido contra o FC Porto.[10] Ao remate da tempada a súa cesión prorrogouse por un ano máis, e na tempada 2015/16 sumou 25 partidos e 4 goles (2 deles contra o Rio Ave e outros 2 contra o Coimbra), ademais de 7 asistencias.[2]

Estoril[editar | editar a fonte]

Foi traspasado ao equipo portugués na tempada 2016/17, na que disputou un total de 30 encontros entre liga e Copa, acadando nesta última as semifinais.

Sporting CP[editar | editar a fonte]

En maio de 2017 foi traspasado ao Sporting de Portugal por uns dous millóns de euros.[4][6] Debutou co equipo lisboeta nun partido da Copa da Liga contra o Marítimo no Estádio José Alvalade e en novembro xogou o seu primeiro encontro na Liga de Campións, nun encontro fronte ao Olympiacos no que entrou nos instantes finais como substituto do seu compatriota Bruno César.[8] Con todo, apenas dispuxo de minutos no equipo de Jorge Jesus, co que non chegou a debutar na liga, e en xaneiro de 2018 saíu cedido ao Vitória de Guimarães.[11]

Cesión ao Vitória[editar | editar a fonte]

Debutou co Vitória na xornada 21 da liga, nunha vitoria por 3-2 contra o Paços de Ferreira no estadio D. Afonso Henriques. Disputou un total de 14 encontros ata final de tempada, todos como titular, e repartiu 3 asistencias. Na tempada 2018/19 volveu ser cedido ao Vitória,[12] co que disputou 23 encontros de liga e 4 de Copa, marcando 4 goles.

Cesión ao Coritiba[editar | editar a fonte]

En setembro de 2020 anunciouse unha nova cesión do xogador, desta vez ao Coritiba.[13] Regresou así ao fútbol do seu país, e o 21 de novembro marcou o seu primeiro gol no Campionato Brasileiro, nun partido contra o seu primeiro equipo, o Flamengo.[14]

Mafra[editar | editar a fonte]

En agosto de 2021 desvencellouse do Sporting, e despois de case medio ano sen equipo, en xaneiro de 2022 asinou co Mafra, da Segunda Liga portuguesa.[15]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Flamengo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Heredia, Sergio (19 de maio de 2017). "El bebé de la cuna de Bebeto ya juega en el Sporting de Lisboa". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "O bebê 16 anos depois" (en portugués). 22 de xuño de 2010. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  3. "El icónico festejo de Bebeto 'arrullando' a su hijo cumple 25 años" (en castelán). 9 de xullo de 2019. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 "Bebeto ya es abuelo: el inspirador del festejo más famoso del mundo fue papá a 26 años del Mundial de EE.UU." (en castelán). 3 de decembro de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  5. "La intrahistoria de la celebración de Bebeto acunando a un recién nacido en el Mundial del 94: ese niño ahora es jugador" (en castelán). 17 de novembro de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  6. 6,0 6,1 Hermida, Xosé (3 de outubro de 1995). "El padre de Matheus". El País (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  7. "Mattheus comemora seu ano de estreia no profissional: ‘Já me sinto pronto’" (en portugués). 27 de novembro de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "Flamengo - Santos 2012". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2022. 
  9. "Flamengo empresta meia Mattheus ao Estoril, de Portugal" (en portugués). 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  10. "Porto - Estoril de 2015". BDFutbol (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2022. 
  11. "Filho de Bebeto, atacante Mattheus será emprestado ao Vitória de Guimarães" (en portugués). 3 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  12. "Mattheus Oliveira regressa ao Vitória de Guimarães, por empréstimo do Sporting" (en portugués). 1 de setembro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  13. "Sporting empresta Mattheus Oliveira ao Coritiba" (en portugués). 1 de outubro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  14. "Filho do Bebeto, Mattheus Oliveira marca pelo Coritiba e não comemora contra o Flamengo" (en portugués). 21 de novembro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  15. "Mattheus Oliveira reforça Mafra" (en portugués). 25 de xaneiro de 2022. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]