Nova Friburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNova Friburgo
Fotomontaxe
Imaxe

Nomeado en referencia aFriburgo Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 22°16′55″S 42°31′51″O / -22.2819, -42.5308Coordenadas: 22°16′55″S 42°31′51″O / -22.2819, -42.5308
EstadoBrasil
Unidades da federaciónEstado do Río de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación189.937 (2022) Editar o valor em Wikidata (203,49 hab./km²)
Xeografía
Superficie933,415 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude840 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1818 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico22 Editar o valor em Wikidata
Código de concello do Brasil3303401 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webpmnf.rj.gov.br Editar o valor em Wikidata

Nova Friburgo é unha cidade brasileira do estado do Río de Xaneiro, situada no centro-norte do estado, en medio das montañas da rexión serrana, a 846 m de altura sobre o nivel do mar. Dista 136 km por estrada da capital do estado.

A rexión foi inicialmente colonizada en 1820 (antes, polo tanto, da independencia do Brasil) por 100 familias orixinarias de Suíza. Recibiu o nome Nova Friburgo nunha homenaxe á cidade da cal partiron eses primeiros inmigrantes, Fribourg (ou Freiburg, en alemán).

A súa poboación en 2004 era estimada en 173.321 persoas. As principais actividades económicas son: a industria de moda íntima (lencería), olaría, a cría de cabras, industrias téxtiles e de metalurxia, e o turismo. A cidade é tamén a segunda maior produtora de flores do Brasil (só detrás da cidade de Holambra, no estado de São Paulo.

Nos últimos anos, ten sido procurada por estudantes que desexan estudar nunha universidade dunha cidade máis tranquila, lonxe da violencia dos grandes centros urbanos.

Turismo[editar | editar a fonte]

Nova Friburgo, vista da Rúa Emilia Falcheto, no barrio Cordoeira.

A cidade ten un forte reclamo turístico grazas ao seu clima agradable, de montaña, e á paisaxe pintoresca, con moita vexetación, ríos e camiños en medio do bosque. O seu teleférico, a Pedra do Can Sentado, o distrito do Lumiar e a Praza Getulio Vargas son os locais máis visitados. O turismo de compras (roupas íntimas, doces, flores) tamén ten aumentado. Por iso, a cidade posúe a máis grande rede hoteleira do interior do estado.

Universidades e facultades[editar | editar a fonte]

  • Facultade de Filosofía Santa Doroteia
  • Facultade de Odontoloxía de Nova Friburgo - FONF
  • Universidade do Estado do Rio de Janeiro - UERJ (Instituto Politécnico)
  • Universidade Estacio de Sá
  • Universidade Cândido Mendes – UCAM