Saltar ao contido

Estado do Río de Xaneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estado do Río de Xaneiro
 Nome curto
RJ (pt)
RJ (pt-br) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
fluminense (pt-br)
fluminensi (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Texto lema
Recte rem publicam gerere Editar o valor en Wikidata
 Himno
Características
 Lingua usada
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
Datas
 Fundación / creación
1889 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Substitúe
Província do Rio de Janeiro (pt) Traducir (1821 - 1889) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Bañado por
 Capital
 Comparte fronteira con
 Contén división administrativa
Casimiro de Abreu
Porciúncula (pt) Traducir
Natividade (pt) Traducir
Laje do Muriaé (pt) Traducir
Itaperuna
Varre-Sai (pt) Traducir
Cambuci (pt) Traducir
Aperibé
Miracema (pt) Traducir
Itaocara (pt) Traducir
Santo Antônio de Pádua (pt) Traducir
Italva (pt) Traducir
Vassouras (pt) Traducir
Teresópolis
São José do Vale do Rio Preto (pt) Traducir
Petrópolis
Bom Jesus do Itabapoana (pt) Traducir
Engenheiro Paulo de Frontin (pt) Traducir
Miguel Pereira (pt) Traducir
Mendes (pt) Traducir
Paty do Alferes (pt) Traducir
Paracambi (pt) Traducir
Tanguá (pt) Traducir
São José de Ubá (pt) Traducir
Cardoso Moreira (pt) Traducir
Itatiaia
Barra Mansa
Valença (pt) Traducir
Rio das Flores (pt) Traducir
Pinheiral (pt) Traducir
Porto Real (pt) Traducir
Piraí (pt) Traducir
Resende
Quatis (pt) Traducir
Campos dos Goytacazes (pt) Traducir
Barra do Piraí (pt) Traducir
Angra dos Reis
São João da Barra
São Francisco de Itabapoana (pt) Traducir
São Fidélis (pt) Traducir
Parati
Carapebus (pt) Traducir
Macaé (pt) Traducir
Conceição de Macabu (pt) Traducir
Quissamã (pt) Traducir
Rio Claro
São João de Meriti (pt) Traducir
Río de Xaneiro
Bom Jardim (pt) Traducir
Macuco (pt) Traducir
Cordeiro (pt) Traducir
Carmo (pt) Traducir
Duas Barras (pt) Traducir
Sumidouro (pt) Traducir
Nova Friburgo
São Sebastião do Alto (pt) Traducir
Santa Maria Madalena (pt) Traducir
Trajano de Moraes (pt) Traducir
Cantagalo (pt) Traducir
São Pedro da Aldeia (pt) Traducir
Araruama (pt) Traducir
Silva Jardim (pt) Traducir
Rio das Ostras (pt) Traducir
Saquarema
Armação dos Búzios (pt) Traducir
Cabo Frio
Arraial do Cabo (pt) Traducir
Iguaba Grande (pt) Traducir
São Gonçalo
Areal (pt) Traducir
Paraíba do Sul (pt) Traducir
Maricá
Magé (pt) Traducir
Japeri (pt) Traducir
Itaboraí
Nilópolis (pt) Traducir
Mesquita
Niterói
Queimados (pt) Traducir
Nova Iguaçu
Comendador Levy Gasparian (pt) Traducir
Guapimirim (pt) Traducir
Belford Roxo (pt) Traducir
Itaguaí (pt) Traducir
Três Rios (pt) Traducir
Sapucaia (pt) Traducir
Duque de Caxias
Mangaratiba
Cachoeiras de Macacu (pt) Traducir
Seropédica (pt) Traducir
Rio Bonito (pt) Traducir
Volta Redonda Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
16.635.996 (2016)
16.718.956 (2017)
16.055.174 (2022) censo demográfico do Brasil de 2022 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
0,79 (2018)
0,761 (2010)
0,662 (1990)
0,67 (1991)
0,676 (1992)
0,685 (1993)
0,693 (1994)
0,703 (1995)
0,71 (1996)
0,715 (1997)
0,719 (1998)
0,721 (1999)
0,728 (2000)
0,733 (2001)
0,738 (2002)
0,733 (2003)
0,734 (2004)
0,735 (2005)
0,734 (2006)
0,737 (2007)
0,746 (2008)
0,747 (2009)
0,753 (2010)
0,757 (2011)
0,762 (2012)
0,78 (2013)
0,783 (2014)
0,783 (2015)
0,785 (2016)
0,788 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   43.696,1 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.109 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   2.791 m Pico das Agulhas Negras (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap57963 Editar o valor en Wikidata
VIAF141892465 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000509789463 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01hd4s Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Estado do Río de Xaneiro,[1] localizado na Rexión Sueste do Brasil ten como capital a cidade do Río de Xaneiro. Ten como límites o estado de São Paulo ao suroeste, o océano Atlántico ao sur e leste, o Espírito Santo ao norte e nordeste e Minas Xerais ao oeste e noroeste.

Á época do establecemento do sistema de Capitanías Hereditarias no Brasil, o territorio do actual estado do Río de Xaneiro atopábase comprendido en tramos da Capitanía de San Tomé e da Capitanía de São Vicente.

Batalla na Baía de Guanabara entre franceses e portugueses en 15 de marzo de 1560, que culminou coa destrución da Fortaleza Coligny.

A rexión non foi inmediatamente colonizada polos portugueses, en virtude da hostilidade dos indíxenas establecidos no litoral. Entre 1555 e 1567, a baía de Guanabara foi ocupada por un grupo de colonos franceses, baixo o mando de Nicolas Durand de Villegaignon, que aquí pretendían instalar unha colonia chamada Francia Antarctica ("France Antartique"). Para evitar esta ocupación e asegurar a posesión do territorio para a Coroa de Portugal, en 1 de marzo de 1565, foi fundada a cidade de Río de Xaneiro, por Estácio de Sá, vindo a constituírse a Capitanía Real do Río de Xaneiro.

Entre 1583 e 1623 a principal rexión produtora de azucre no sur do Brasil desprazouse da Capitanía de São Vicente para a do Río de Xaneiro, preto da baía de Guanabara. A fins do século XVII había 120 grandes plantacións de cana na rexión. A gandería e o cultivo de cana de azucre impulsaron o progreso, definitivamente asegurado cando o porto comezou a exportar ouro extraído de Minas Xerais desde finais do século XVII. De inicio o ouro era transportado desde as rexións mineiras de Vila Rica, actual Ouro Preto, ata o porto de Parati polo chamado Camiño Vello[2] pero a necesidade dunha vía que chegase máis rápido ao litoral fixo con que fose aberto o Camiño Novo, que chegaba á baía de Guanabara moi preto da cidade de Río de Xaneiro.

En 1763, a cidade do Río de Xaneiro foi transformada en sede do Vice-reino do Brasil e capital da colonia. Co cambio da familia real portuguesa cara ao Brasil en 1808, tamén na época da ocupación da Península Ibérica por Napoleón Bonaparte, a rexión foi moi beneficiada con reformas urbanas para albergar a Corte portuguesa.

De entre as melloras introducidas, destácanse: a transferencia de órganos de administración pública e xustiza, a creación de novas igrexas, hospitais, cuarteis, fundación do primeiro banco do país - o Banco do Brasil - e a Prensa Real. Os anos seguintes tamén xurdiron o xardín botánico, a Biblioteca Real (hoxe Biblioteca Nacional) e a Academia Real Militar, antecesora da actual Academia Militar das Agulhas Negras.

Creación do Municipio Neutro
[editar | editar a fonte]
Niterói.

Logo da transferencia da Corte portuguesa para a cidade do Río de Xaneiro, a autonomía que a súa provincia tanto aspiraba non foi alcanzada da mesma forma que nas demais, xa que ao ministro do Reino, cargo que foi practicamente un substituto para o de Vice-Rei con relación á provincia, era confiada a súa administración. Ademais a cidade do Río era a capital do Imperio, e un ministro administraba a provincia enteira por medio de decretos dirixidos ás Cámaras Municipais das outras cidades. Estas crecían rapidamente, debido ao crecemento do cultivo de café, que xa superaba o plantío de cana no norte da provincia.

Pan de Azucre.

Estas diferenzas en relación á demais unidades administrativas do país fixeron con que, o ano de 1834, a cidade do Río fose transformada en Municipio Neutro e desmembrada da provincia, permanecendo como capital do país. Xa a Provincia do Río de Xaneiro pasou a ter a mesma organización política e administrativa das outras, e a súa capital pasou a ser Vila Real da Praia Grande, localidade bautizada en 1835 de Niterói. Así continou cando da proclamación da república no Brasil, o 1889, cando a provincia do Río de Xaneiro tornouse estado. Cando da transferencia da capital do Brasil para Brasilia, o 21 de abril de 1960. Dende o día da transferencia da capital brasileira ata o ano 1975, a cidade do Río de Xaneiro tornouse un estado, formado por unha única cidade, o estado da Guanabara.

Logo da edición da Lei Complementaria nº20 en 1974, asinada polo presidente Ernesto Geisel, fundíronse os estados da Guanabara e do Río de Xaneiro, en 15 de marzo de 1975. A capital do novo estado (que mantivo o nome do Río de Xaneiro) pasou a ser a cidade do Río de Xaneiro, volvéndose a situación política e territorial anterior a 1834, ano da creación do Municipio Neutro. Foron mantidos aínda os símbolos do antigo estado do Río de Xaneiro, mentres os símbolos da Guanabara pasaron a ser os símbolos da cidade do Río de Xaneiro.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O clima predominante é o tropical quente e húmido, pero atenuado nas cidades situadas nas montañas que cortan o estado.

Montañas do Parque Nacional do Itatiaia, na divisa co Minas Xerais.

O estado é atravesado por baixadas e montañas paralelas ó litoral. Ó sur do estado, estas montañas quedan máis próximas ó mar, nas cidades de Paratí e Angra dos Reis. Próximo á cidade do Río de Xaneiro o relevo ábrese nunha extensa planicie cortada por ríos, chamada Baixada Fluminense. Esta rexión é cortada pola estrada Presidente Dutra, que liga a cidade do Río de Xaneiro á cidade de São Paulo e ten moitas industrias, pero a maioría da súa poboación traballa na cidade do Río de Xaneiro.

Montaña Dedo de Deus, co 1692 m de altitude no cumio, na rexión serrana do estado do Río de Xaneiro.

Non moi lonxe da cidade do Río de Xaneiro sitúanse tres cidades de clima de montaña, máis ameno e un pouco máis frío nos invernos: Petrópolis, Teresópolis e Nova Friburgo. Estas tres cidades serven de refuxios para os cariocas, habitantes da cidade do Río de Xaneiro, cando buscan un clima menos quente, lonxe das praias.

Próximo da divisa do estado do Río de Xaneiro co estado de São Paulo e co Minas Xerais sitúanse dúas outras cidades de montaña: Itatiaia e Penedo (esta última e unha pequena freguesía da cidade de Resende).

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno16.000.00016.100.00016.200.00016.300.00016.400.00016.500.00016.600.00016.700.00016.800.0002016201720182019202020212022Estado do Río de XaneiroEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Economía

[editar | editar a fonte]

Industria

[editar | editar a fonte]

O estado do Río de Xaneiro ten un antigo pero importante parque industrial, concentrado no Vale do Río Paraíba do Sul (cidades de Resende, Porto Real e Volta Redonda) e na Baixada Fluminense (Duque de Caxias, Nova Iguaçu, Queimados). A máis coñecida industria do estado é a Compañía Siderúrxica Nacional (CSN), produtora de aceiro situada en Volta Redonda. En Porto Real sitúase a fábrica brasileira da Peugeot, e en Resende, unha fábrica de camións da Volkswagen. Tamén se pode destacar a industria naval na cidade do Río de Xaneiro e na veciña Niterói. Xa na Baixada Fluminense podemos salientar o refino de petróleo e a industria petroquímica, na cidade de Duque de Caxias.

Extracción mineral

[editar | editar a fonte]

O estado ten grandes reservas de petróleo e gas natural na chamada Bacia de Campos situada na costa, próximo á cidade de Campos dos Goitacazes. Este xacemento submarino é responsábel dun 83 % da produción de petróleo brasileira, e axudou o Brasil a case tornarse autosuficiente en petróleo cru. Outra grande produción no estado do Río de Xaneiro é de sal mariña, nas cidades de Cabo Frio e Araruama.

Agricultura e gandería

[editar | editar a fonte]

A cidade de Campos, ó norte do estado, destaca pola produción de cana de azucre e pola creación de gando leiteiro. Parte desta produción é exportada para outros estados.

Praia dos Anjos, en Arraial do Cabo, cidade a 160 km do Río.

Pero unha das máis importantes actividades económicas do estado é o turismo. Especialmente o dirixido á capital do estado, coas súas praias (Copacabana, Leme, Leblon, Ipanema, Barra da Tijuca), o Cristo Redemptor e a montaña Pan de Azucre. Pero outras cidades litorais tamén merecen ser salientadas:

  • Niterói, antiga capital do estado, coas súas praias, unida ó Río de Xaneiro pola Ponte Río-Niterói.
  • Paratí e Angra dos Reis, situadas ó litoral sur do estado, co súas praias, illas que poden ser visitadas de barco e montañas cubertas de vexetación tropical nas proximidades.
  • Cabo Frio, Arraial do Cabo e Búzios, ó leste da cidade do Río de Xaneiro, sitúadas na chamada Rexión dos Lagos.

Cando se desexar fuxir do movemento do litoral no verán brasileiro pódese ir para as cidades de montaña:

  • Petrópolis, antigo refuxio do emperador Pedro II do Brasil
  • Teresópolis, situada a 800 m sobre o nivel do mar e bautizada en homenaxe á esposa de Pedro II, emperatriz Tereza Cristina.
  • Nova Friburgo, fundada por inmigrantes suízos ó comezo do século XIX, hoxe tamén coñecida como capital da lingerie (lencería), por causa das súas pequenas industrias familiares.
  • Itatiaia situada próxima do Parque Nacional do Itatiaia, unha das máis antigas reservas forestais nacionais do Brasil. No parque está a montaña máis alta do estado do Río de Xaneiro, o Pico das Agulhas Negras, co 2789 m sobre o nivel do mar. As nacentes dos ríos que xorden próximos do seu cume conxélanse nos días máis fríos de inverno.
  • Penedo: unha pequena freguesía fundada por inmigrantes finlandeses ó redor de 1929. Hoxe famosa pola súa paisaxe, creacións de troita (peixe de orixe europea, da familia do salmón), culinaria e locais de ecoturismo.

A cidade do Río de Xaneiro destacou no pasado como centro financeiro (o segundo en volume de negocios do Brasil), pero perdeu moitos negocios a favor da cidade de São Paulo nos últimos anos. O estado ten un grande comercio e servizos, compatíbel co tamaño da súa poboación (máis de 12 millóns de persoas). A cidade do Río de Xaneiro tamén ten relevancia no turismo de eventos (convencións empresariais, feiras de negocios, exposicións) a pesar da concorrencia da cidade de São Paulo, no Brasil, e doutras cidades do mundo. Espérase unha grande afluencia de turistas coas realizacións da Copa do Mundo de Fútbol de 2014 e dos Xogos Olímpicos de 2016.

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fluminense.
  2. ↑ "ESTRADA REAL | Estamos no caminho certo". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2010. Consultado o 21 de febreiro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]