Saltar ao contido

Estádio do Maracanã

Estádio do Maracanã
Estádio Jornalista Mário Filho
Maracanã Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe do interior
Imaxe
(2022)
 Nome orixinal
Estádio Jornalista Mário Filho (pt) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Estado do Río de Xaneiro (marzo de 2019 - )
Novonor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
16 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
16 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata
Historia
2 de agosto de 1948comezo da construción
1950Mundial de Fútbol Brasil 1950
16 de xullo de 1950Maracanazo
1989Copa América de 1989 (pt) Traducir
2007Jogos Pan-Americanos de 2007 (pt) Traducir
xuño de 2013Copa Confederacións Brasil 2013
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
13 de xullo de 2014Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Final
2016Xogos Olímpicos de 2016
2019Copa América de 2019 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Capacidade
 78.838 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Rua Professor Eurico Rabelo, Maracanã, Rio de Janeiro - RJ
Avenida Presidente Castelo Branco, Portão 3, Maracanã, Rio de \Janeiro, RJ, 20271-130, Brazil Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Patrimonio
Ben declarado patrimonio polo IPHAN
Data26 de decembro de 2000
Identificador1094
Códigos e identificadores
Código postal20271-130 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap4587734 Editar o valor en Wikidata
VIAF316746813 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01qv4y Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Número inventario
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Estádio Jornalista Mário Filho, máis coñecido como Maracanã ("semellante a un chocallo" en tupí-guaraní, debido ao son dos paxaros que vivían por alí)[1], é un estadio de fútbol brasileiro localizado no Río de Xaneiro e inaugurado en 1950, con motivo da celebración da Copa do Mundo de fútbol daquel ano. Desde entón, o Maracanã foi palco de grandes momentos do fútbol brasileiro e mundial, como as finais do Campionato Brasileiro, do Campionato Carioca, da Copa Libertadores, da primeira Copa Mundial de Clubs da FIFA, así como doutras competicións internacionais e partidos da selección brasileira. Foi un dos locais de competición dos Xogos Panamericanos de 2007, albergando as competicións de fútbol e as cerimonias de apertura e de clausura. Tamén foi sede e albergou as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de 2016, disputados na cidade do Río de Xaneiro.

Ao longo do tempo, porén, o estadio tamén pasou a asumir carácter de espazo multiuso ao albergar outros eventos como espectáculos e partidos doutros deportes, como o voleibol. Tras diversas obras de modernización, a capacidade actual do estadio é de 78.838 espectadores, sendo o maior estadio do Brasil.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2010.