O Estádio José Pinheiro Borda, coñecido como Gigante da Beira-Rio ou simplemente Beira-Rio, é un estadio de fútbolbrasileiro situado na cidade de Porto Alegre, capital do Estado de Río Grande do Sur. Localizado á beira do lago Guaíba, leva o nome de Beira-Rio por un equívoco que da época, ao considerar ao Guaíba un río. É o estadio local do Internacional de Porto Alegre e unha das sedes do Mundial de Fútbol de 2014. Foi bautizado en homenaxe ao cidadán portugués e colorado (alcume que designa os seareiros do Internacional) que presidiu a comisión de obras e comandou a construción.[1], vindo a falecer pouco antes da súa conclusión. O Beira-Rio substituíu o Estádio dos Eucaliptos, anterior sede do Internacional.