Nezahualcóyotl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 19°24′00″N 98°59′20″O / 19.40000, -98.98889

Nezahualcóyotl
Glifo prehispánico de Nezahualcóyotl.svg
PalacioMunicipalCdNeza.JPG
Sede municipal da cidade.
Localización

Mexico Estado de Mexico Nezahualcoyotl location map.svg

Nezahualcóyotl en México
Nezahualcóyotl
Nezahualcóyotl
País Flag of Mexico.svg México
Estado Estado de México
Rexión Rexión Nezahualcóyotl
Xeografía
Altitude 2.220 msnm
Superficie 63,74 km²
Demografía
Poboación 1 039 867 hab. (2015)
Densidade 17 536,9 hab/km²
Outros datos
Código postal 57000
Alcalde Juan Hugo de la Rosa García (2015-2018)
Páxina oficial

Nezahualcóyotl é un concello do oriente do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades mexicanas de Chimalhuacán, Ecatepec de Morelos e con La Paz. A súa área é de 63.74 km²,[1] e a súa poboación era de 1.039.867 habitantes no ano 2015.[2] A cabeceira municipal é Cidade Nezahualcóyotl.[3] O municipio foi creado en 1963 con terreos que pertencían ós municipio de Texcoco e Chimalhuacán, ocupando superficie das augas do antigo lago de Texcoco.[4] É un dos concellos con maior densidade de poboación do seu país e do propio estado ó que pertence.[1][5][6] Considerada unha cidade dormitorio polo seu carácter maioritariamente residencial, nas últimas décadas repuntou na súa capacidade económica, produción de empregos e de impacto socioeconómico nos municipios adxacentes.[7]

Toponimia, glifo emblema e xentilicio[editar | editar a fonte]

Glifo de Nezahualcóyotl de acordo co Códice Xólotl, lámina 10.

Nezahualcóyotl foi o nome dun tlatoani de Texcoco.[8][9] e quere dicir «coiote que xaxúa», do náhuatl nezāhual —xaxún— coyōtlcoiote—.

Oficialmente o municipio non conta cun emblema, porén, distintas administracións municipais a través dos anos basearon os seus deseños no pictograma co que era representado Nezahualcóyotl nos códices Ixtlilxóchitl, Durán e Xólotl: a cabeza dun coiote do cal pendura un pectoral real. O xentilicio é nezahualcoyotlense.[8]

Política e goberno[editar | editar a fonte]

Alcalde Período
PRD logo without border (Mexico).svg Héctor Miguel Bautista López 2000-2003
PRI logo (Mexico).svg Venancio Luis Sánchez Jiménez 2003-2006
PRD logo without border (Mexico).svg Víctor Manuel Bautista López 2006-2009
PRD logo without border (Mexico).svg Edgar Cesario Navarro Sánchez 2009-2012
PRI logo (Mexico).svg Juan Manuel Zepeda Hernández 2012-2015
PRD logo without border (Mexico).svg Juan Hugo de la Rosa García 2015-2018

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Instituto Nacional de Estadística y Geografía. "Información Nacional, por entidad federativa y municipios". México: Instituto Nacional de Estadística y Geografía. Consultado o 30 de decembro de 2010. 
  2. Nezahualcóyotl Catálogo de Localidades, SEDESOL.
  3. Monografia municipal de Nezahualcóyotl (en castelán)
  4. H. Ayuntamiento de Ciudad Nezahualcóyotl. "Reseña Histórica". Nezahualcóyotl, Estado de México: H. Ayuntamiento de Ciudad Nezahualcóyotl. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2015. Consultado o 30 de deceembro de 2010. 
  5. "Ciudad Neza, una historia de contrastes". National Geographic en Español. Consultado o 10 de maio de 2016. 
  6. "Lo que tienes que saber de Nezahualcóyotl". El Universal EdoMex. Consultado o 10 de maio de 2016. 
  7. Linares Zarco, Jaime (xullo-decembro de 2013). "Nezahualcóyotl, de ciudad dormitorio a polo de desarrollo de la región Oriente del Valle de México" (PDF). Paradigma económico, Año 5, No. 2. 
  8. 8,0 8,1 E-local (23 de decembro de 2008). "Enciclopedia de los Municipios de México". México: Secretaría de Gobernación. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 20 de abril de 2010. 
  9. Fernando de Alva Ixtlilxóchitl (2002). Nezahualcóyotl Acolmiztli (2 ed.). Estado de México, México: Instituto Mexiquense de Cultura, Universidad Autónoma del Estado de México. p. 31. ISBN 968-484-553-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.