Roberto Baggio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roberto Baggio
Información persoal
Nome Roberto Baggio
Nacemento 18 de febreiro de 1967 (57 anos)
Lugar de nacemento Caldogno
Altura 1,74 m
Posición Centrocampista / Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1982–1985 Vicenza 36 (13)
1985–1990 Fiorentina 94 (39)
1990–1995 Juventus 141 (78)
1995–1997 Milan 51 (12)
1997–1998 Bologna 30 (22)
1998–2000 Internazionale 41 (9)
2000–2004 Brescia 95 (45)
Total 488 (218)
Selección nacional
1988–2004 Italia 56 (27)
Na rede
http://www.robertobaggio.com/
IMDB: nm1370079 FIFA: 174363 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Roberto Baggio, nado o 18 de febreiro de 1967 en Caldogno (Véneto), é un exfutbolista italiano, considerado un dos mellores e máis populares da década dos 1990.

Coa selección italiana xogou en tres Mundiais de Fútbol e é o único futbolista do seu país que anotou en tres copas de mundo 1990, 1994 e 1998.

En 1994 foi un dos mellores do torneo levando á escuadra italiana á final na que perdeu co Brasil a penaltis.

No ano 1993 gañou o Balón de Ouro e o FIFA World Player

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Caldogno, preto de Vicenza, Baggio comeza a súa carreira no Vicenza, na Serie C1 en 1981. En 1985 marcha cara a Fiorentina, onde ficaría por cinco anos e comezou a gañar a súa reputación de estrela.

En contra dos desexos dos seareiros é vendido á Juventus en 1990 por uns 19 millóns de Euros, o récord mundial de cartos pagados por un traspaso naqueles intres.

Os seus comezos na escuadra de Turín non foron o que todos agardaban, e nun principio dicíase que o xogador non se adaptaba ao clubs. Houbo unha pequena polémica cando, nun encontro contra o seu exequipo, un seareiro lle lanzou dende a bancada unha bufanda da Fiore. El recolleuna do chan e púxoa. Isto alporizou ós seguidores da Juventus, mais non tardarían en "perdoar" ó que sería o seu mellor xogador nos vindeiros anos.

En 1993 gaña o seu único título europeo de clubs, a Copa da UEFA. A súa actuación ese ano sería premiada co Balón de Ouro e o FIFA World Player. Era o primeiro italiano que o gañaba dende Paolo Rossi en 1982.

A Juventus conseguira formar unha boa escuadra, xa que xunta Baggio estaban tamén xogadores coma Gianluca Vialli, Fabrizio Ravanelli, Paulo Sousa ou o gardameta Angelo Peruzzi.

1995 é o ano no que gaña o seu primeiro Scudetto, o primeiro de moitos que conseguiría a escuadra turinesa nos anos 90. Mais Baggio non ía desfrutar destes éxitos coa Vecchia Signora xa que tras fortes presións do presidente do A.C. Milan,Silvio Berlusconi, o xogador é transferido ao club milanés. Aquí gañaría o Scudetto en 1996, sendo o primeiro en gañar dous campionatos da Serie A consecutivos con dúas escuadras distintas.

En 1997 marcha ao Bologna co obxectivo de resucita-la súa carreira, maltreita tralo seu paso polo A.C. Milan. Esa tempada bate o seu mellor rexistro anotador con 22 goles na liga. Grazas ó bo ano no Bologna consegue ser titular na selección italiana no Mundial de Fútbol Francia 1998, quitándolle o posto a un xove Alessandro Del Piero.

Despois do mundial Baggio ficha polo Inter de Milán, mais semella que non contaba co favor do adestrador Marcello Lippi, e non chegou a dispoñer de moitos minutos. Na súa autobiografía conta que Lippi o apartou do equipo por non dicirlle ó adestrador que xogadores estaban a falar mal do propio técnico.

Tras ficar dous anos no Inter, e co obxectivo de xogar o Mundial de Fútbol Corea e Xapón 2002 marchou cara ao Brescia. A pesar dunha forte mancadura, antes do final da tempada xa estaba totalmente recuperado. Aínda así o adestrador Giovanni Trapattoni non o levou ao mundial.

Baggio seguiu a xogar no Brescia ata o seu retiro en 2004. Rematou a súa carreira con 205 goles na Serie A, sendo o quinto máximo anotador da historia, despois de Silvio Piola, Gunnar Nordahl, Giuseppe Meazza e José Altafini. A súa camisola co número 10 do Brescia foi retirada.

Internacional[editar | editar a fonte]

Baggio xogou un total de 56 encontros coa selección italiana, anotando 27 goles. E o cuarto goleador da selección de tódolos tempos.

É o único italiano que anotou en tres mundiais, e xunto con Christian Vieri e Paolo Rossi o máximo anotador da escuadra nas Copas do mundo con 9 tantos.

Mundial de Fútbol Italia 1990[editar | editar a fonte]

Baggio xoga o seu primeiro mundial en 1990, e aínda que maiormente xogou saíndo do banco dos suplentes conseguiu anotar dous goles. Un deles, contra a Checoslovaquia foi alcumado o "gol do torneo". A Italia remataría en 3º posto.

Mundial de Fútbol USA 1994[editar | editar a fonte]

Baggio era a pedra angular do combinado italiano, e así se confirmou tras unha actuación estelar nas roldas eliminatorias previas á final. Anotou un total de cinco goles, dous en oitavos contra Nixeria, un en cuartos contra España e outros dous nas semifinais contra Bulgaria. Na final contra o Brasil o encontro rematou 0-0 tralos 120 minutos de xogo. Na quenda de penaltis Baggio erraría o seu lanzamento, dándolle o título á escuadra brasileira.

Baggio rematou coma segundo na táboa de máximos anotadores do torneo.

Mundial de Fútbol Francia 1998[editar | editar a fonte]

O primeiro encontro enfrontou á Italia contra Selección nacional de fútbol de Chile que só puido conseguir un empate a dous contra os suramericanos. Baggio deulle o pase do primeiro gol a Christian Vieri e anotou o segundo de penalti. O outro gol que marcou no torneo foi contra a Austria, grazas ao cal Italia rematou coma líder do grupo. Nos cuartos de final caeron nos penaltis contra Francia que finalmente sería a campioa do mundo.

Despois do retiro[editar | editar a fonte]

O seu derradeiro encontro coa selección italiana o 28 de abril do 2004 contra España.

Baggio escribiu unha autobiografía Una Porta nel Cielo (Unha portería no ceo).

Títulos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]